Caballero felicita ao Melgachos polo carácter solidario do seu torneo Movember de rugby que se disputará o sábado 16
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a décima edición do Torneo Movember, un triangular de rugby para equipos veteranos que comezará este sábado ás 11:00 horas no campus da As Lagoas, na cidade universitaria viguesa.
O Melgachos medirase ao Arrasate vasco e ao Beerbarians coruñés nunha nova acción solidaria, pois a recadación do partido servirá para apoiar a investigación do cancro de próstata. O rexedor felicitou á directiva e xogadores que lle acompañaron na presentación porque “estades a facer un traballo excepcional practicando un gran deporte e xerando afección ao rugby”, dixo.
Caballero destacou a data, este sábado, porque “primeiro acudiremos ao torneo de rugby e pola tarde imos dar a volta ao planeta co aceso das luces de Nadal”.
Co xefe do goberno municipal asistiron á presentación, ademais do edil de Deportes, Manel Fernández, o presidente do club vigués, Néstor Raúl Torres, e os xogadores Daniel de Lis e Elsuke Yushi. “O rugby é un deporte duro pero nobre, que xera amizades para toda a vida”, concluíu o primeiro edil.