Vigo lidera o proxecto europeo de implantación do vehículo conectado
O prototipo do vehículo colaborativo conectado fixo esta tarde unha proba real sobre as posibilidades que ofrece a nova tecnoloxía para a condución. Así o comprobou Abel Caballero quen se achegou a demostración realizada na zona da Gran Vía.

Abel Caballero presenciou esta tarde a proba real realizada polo Vehículo Colaborativo Conectado na zona de Gran Vía con illas Baleares. Logo de realizar a pasada semana un mapeo de rúas, nesta ocasión fixo unha demostración sen condutor tomando datos sobre todos os aspectos que poden afectar á condución.
Trátase do proxecto IN2CCAM, financiado pola UE dentro del programa “Horizonte Europa”, para Integrar os servizos de Mobilidade Cooperativa Conectada e Automatizada (CCAM) nos sistemas de xestión de tráfico. Segundo explicou, o principal obxectivo de CarLOTA (Car Learn On-road Think Autonomus) en Vigo é abordar e probar como a tecnoloxía de vehículo colaborativo conectado xa disponible na cidade para conductores pode ser utilizada por los sistemas de conducción autónoma.
Os resultados amosanse noutras cinco cidades: Tampere (Finlandia), Trikala (Grecia), Turín (Italia), Bari (Italia) e na área metropolitana que integran as urbes portuguesas de Braga, Bacelos, Guimarães e Famaliçao.



