Escoitar

O alcalde anuncia a aprobación en decembro do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

Abel Caballero anunciou este mércores, nun acto con empresarios da Asociación de Construtores da Provincia de Pontevedra, que antes de finalizar o ano estará aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal que aportará “plena seguridade xurídica”.

mércores, 20 nov 2024

Abel Caballero, tras poñer en valor hoxe a estabilidade que representa para Vigo contar cun goberno en maioría que permite aprobar 18 orzamentos consecutivos, apuntou que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal será validado ao longo do próximo mes de decembro. “Estamos nos últimos flocos coa Dirección Xeral de Costas. Son temas menores”, afirmou. “Teremos un PXOM deseñado para o século XXI, cunha absoluta seguridade xurídica”, argumentou ao avanzar que o novo plan, ademais de conlevar a construción dun importante número de vivendas, contempla un gran espazo para concertos e novas infraestruturas deportivas.

Investimentos

O alcalde recalcou que entre os investimentos destacables nos orzamentos municipais para 2025, próximos aos 50 millóns de euros, atópase a construción da grada de Gol; a remodelación da Avenida de Madrid -financiada en grande parte polo Goberno de España -; novas ramplas mecánicas en nas rúas Pintor Colmeiro e Pintor Lugrís ou as vivendas de alugueiro social de Esturáns. Non esqueceu no seu relato a biblioteca e a nova piscina de Teis ou a recuperación do paseo de Samil, entre unha longa listaxe de proxectos a executar o ano que vén. O rexedor adiantou a necesidade de readaptar o sistema de abastecimento da auga a ciudade, e a construcción dunha minipresa no embalse de Eiras. “Vai tardar pero hai que facela”, aclarou.

Entre as grandes obras a medio prazo, referiuse ao túnel de Beiramar, que conta cunha valoración inicial de 90 millóns de euros e se atopa en revisión por parte da Xunta. Tamén ao subterráneo de Elduayen a Torrecedeira  que "está tecnicamente enfocado. Xa o enviamos á Xunta, teñen que dar visto e prace. En canto isto suceda, arrancamos e esperamos que pague unha parte singular como fixo co túnel de O Parrote na Coruña”.

Conexións ferroviarias

Abel Caballero insistiu hoxe na necesidade de acometer a conexión directa por alta velocidade ferroviaria entre Vigo e Madrid, coa construción da variante de Cercedo, lembrando que “o Goberno de España comparte a miña posición, porque lle dá servizo a unha área de 800.000 persoas".  Na súa intervención garantíu a Saída Sur, explicando que o estudo informativo estará en exposición público de forma inmediata, “e por tanto o noso tren en túnel está en marcha”. Acto seguido recalcou que o problema da execución deste proxecto segue centrado en que Portugal vai con retraso. 

Sobre o terceiro proxecto do Goberno de España en Vigo, a autovía a Porriño en túnel, o rexedor afirmou  xa se está co documento técnico da declaración de impacto ambiental. “É a gran prioridade do Ministerio de Transportes”, afirmou.

 

Descargar todas as imaxes