O alcalde convoca á cidade a un concerto reivindicativo para esixir o Vigo-Madrid por Cerdedo
O evento terá lugar na Porta Sol o vindeiro martes 26 de novembro ás 20:00 horas
“Non queremos dar a volta en tren por Santiago para ir a Madrid” explicou o rexedor, engadindo que implica “50 minutos de atraso e a humillación de non ter unha liña directa de Alta Velocidade”. Abel Caballero explicou que “Vigo xera máis viaxes de AVE que ningunha outra cidade de Galicia e conta cun área que xera máis demanda que a actual conexión da Coruña e de Santiago con Madrid”.
“Imos realizar un concerto reivindicativo con ACOPOVI” para transmitirlle “a todo o mundo que Vigo quere o tren directo por Cerdedo”. O evento terá lugar na Porta Sol o vindeiro martes 26 de novembro ás 20:00 horas.