xoves, 23 out 2003
O Centro Xuvenil da rúa Uruguai desenvolve un obradoiro de grafoloxía dentro do programa de actividades de Noites Vivas. O obradoiro levarase a cabo o venres, día 24 en horario de 23.00h. ata ás 01.00horas e amosarase aos participantes as principais pautas básicas que se empregan en grafoloxía para estudiar a escritura.
mércores, 22 out 2003
A Concelleria de Xuventude está presente cun stand en Universitúa, II Edición da Feira de Asociacións da Universidade de Vigo , que se celebra os días 22 e 23 na Área Comercial da Cidade Universitaria. Belén Sío, concelleira de Xuventude, participou hoxe no acto de inauguración e subliñou que a xuventude de Vigo representa máis do 25% da poboación total da nosa cidade e que no seu departamento municipal ofrecese ós xoves información, espacios para reunirse e asesoramento de actividades, entre outras cousas.
xoves, 16 out 2003
O venres 17 arranca a nova programación das Noites Vivas que organiza a Concellería de Xuventude que se prolongará ata o 20 de decembro. As Noites Vivas é unha proposta para ós xoves de ocio alternativo e de calidade na que se combinan ofertas de entretemento con espacios para a educación non formal.
luns, 13 out 2003
A Casa da Xuventude acolle dende o día 14 unha exposición titulada "O Traxe Tradicional en Galicia", a cargo do grupo O Fiadeiro. Esta asociación que xurde hai anos para promover o folclore galego realiza unha tarefa de conservación do tradicional dende diferentes puntos de vista.
mércores, 1 out 2003
Este mes de outubro retomase a programación regular das ludotecas da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo distribuídas en distintos puntos da cidade para dar cabida a tódolos nenos e nenas. As actividades deste mes céntranse en obradoiros e xogos de temática infantil, xuvenil e social.
luns, 29 set 2003
A Casa da Xuventude acolle dende o día 30 unha exposición titulada "Xoias con formación académica", a cargo da Escola de Xoiería do Atlántico , e que forma parte do programa Mirarte da concellería de Xuventude. A exposición amosa os traballos de creación que realizan os alumnos e alumnas desta escola.
xoves, 25 set 2003
A concelleira de Xuventude, Belén Sío, vén de presentar as actividades de outono do programa "Súbete ó Castro", de dinamización xuvenil en espacio aberto.O programa ten como obxectivo proporcionar á mocidade de Vigo un espacio alternativo de encontro no que se poidan desenvolver actividades de tempo libre, moitas organizadas polos propios mozos.
martes, 16 set 2003
O mércores dará comezo unha mostra na Casa da Xuventude titulada "Florart", de cargo de María Moares e que forma parte do programa "Mirarte" da Concellería de Xuventude.
venres, 5 set 2003
A concellería de Xuventude organiza esta fin de semana o campionato de patinadores "In -Line" Cidade de Vigo 2003 que terá lugar o sábado na pista de skatepark do Castro e domingo na pista half-pipe de Samil.
martes, 2 set 2003
Despois do paréntese das vacacións de agosto, a sala de exposicións da<br />
Casa da Xuventude reabre as portas para acoller diferentes mostras de<br />
colectivos xuvenís e novos artistas.