luns, 28 xul 2003
A Comisión de Goberno acordou a presentación do "Proxecto de dinamización da participación xuvenil de Vigo" da Concellería de Xuventude, no marco do programa Xuventude da Unión Europea.
venres, 11 xul 2003
A concelleira de Xuventude, Belén Sío, asistirá o sábado 12 de xullo no parque da Riouxa á preestrea da película "O agasallo de Silvia", dirixida por Dionisio Pérez. Esta proxección inclúese no ciclo de cine ao aire libre pertencente ás actividades de verán que Xuventude ten conveniadas co Plan comunitario de Teis.
mércores, 9 xul 2003
O programa de campamentos organizados para este verán pola Concellería de Xuventude dispón de actividades deportivas, de aventura e lecer para nenos de 4 a 14 anos. Máis de 1.000 nenos benefícianse destas actividades tanto nas ludotecas como nos campamentos que se celebrarán no Castro, en Teis, en Bouzas e na Serra do Xurés.
martes, 8 xul 2003
A Concellería de Xuventude prosegue o programa Mirarte que consiste en organizar exposicións de novos artistas para contribuír á súa proxección. Nesta ocasión, ábrese unha nova mostra individual da artista María Rey que permanecerá aberta ata o 24 de xullo na Casa da Xuventude.
venres, 27 xuñ 2003
Os participantes neste campamento, organizado pola Concellería de Xuventude, terán a oportunidade de vivir unha aventura ambientada na época castrexa, a cultura que predominaba xusto antes da chegada dos romanos. Os interesados poden inscribirse na Casa da Xuventude.
venres, 27 xuñ 2003
Este fin de semana comenza unha nova edición do Castro Bule de verán 2003 que se levará a cabo durante a xornada do sábado. A Concellería de Xuventude desenvolve esta actividade dentro do programa "Súbete o Castro". Durante o día de programación desta terceira edición os organizadores pretenden superar ós 1000 asistentes do ano anterior. Se preveé a asistencia de xóves de toda Galicia e incluso de outras comunidades.
martes, 24 xuñ 2003
Baixo a denominación de "O Castro bule de verán", a concelleira de Xuventude, Belen Sío, vén de presenta-la programación especial de actividades para o vindeiro 28 de xuño no programa "Súbete ó Castro", que nesta terceira edición pretende superar os 1.000 asistentes do ano anterior.
luns, 23 xuñ 2003
A Casa da Xuventude acolle a partir do martes 24 de xuño unha mostra de José Manuel Vilas de arte diversa. A inauguración da exposición será ás 19:00 horas na Casa da Xuventude, na sala que ten a disposición de novos artistas e creadores así como para colectivos de interese xuvenil.
luns, 2 xuñ 2003
O concelleiro de Xuventude en funcións, Santiago Domínguez, presentou o programa de campamentos organizados para este verán con actividades deportivas, de aventura e lecer para nenos de 4 a 14 anos. O prazo para inscribirse comeza o 2 de xuño na Casa da Xuventude e as prazas concederanse por orde de solicitude.
martes, 27 mai 2003
A Casa da Xuventude abre a exposicición "New York just before. Inocencia e culpabilidade", unha escolma das fotografías realizadas por Juan Manuel Cuéllar cara unha interpretación do desastre do 11 de setembro. Así, as vinte imaxes da mostra contrapoñen distintos puntos da cidade estadounidense coa faciana en tensión de dúas actrices nun ensaio.