Retómase a oferta de ocio nocturno xuvenil
O programa de ocio nocturno Noites Vivas arranca de novo para amenizar as veladas xuvenís con actividades para todos os gustos. Esta nova tempada contempla algunha novidade entre obradoiros e actividades deportivas, e conserva a posibilidade de utilizar as sedes como lugar de encontro e actividade libre.
Deste xeito poderase disfrutar no Centro Xuvenil Municipal da rúa Uruguai do "self service" que oferta obradoiros libres de coiro , marionetas e tatuaxes para os venres e globoflexia, puzles e cestería os sábados. Neste senso funcionan os espacios e salas do Centro Cívico de Teis, subida á Guía, Camiño Cancelo e o Castro onde se dispón de xogos, internet, música e publicacións ou a tetería na A.V.V Dr Fleming. O Pavillón do Berbés ofrece actividades físicas e deportivas para os venres, sendo a estrela os bailes de salón, e todos os venres haberá rol ou xogos na Asociación Xuvenil Cancerbero, (rúa Heraclio Botana,6 baixo) .
Comezamos así esta fin de semana con música que nos brindan os grupos que tocarán na Asociación Xuvenil Abertal en Venezuela 3, e moita cociña para paladares diversos: vexetariana no centro Xuvenil de Uruguai 9, e caseira na A.V.V. de Coia e en Teis, onde ademais ás 23 horas se proxecta a película "O crente" de Henry Bean.