O Centro de Artesanía Tradicional colabora nos actos da Reconquista
O Centro de Artesanía Tradicional -CAT- que depende do departamento municipal de Patrimonio Histórico vai colaborar co Plan Comunitario do Casco Vello e coa Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Santiago de Vigo nos distintos actos que se van a celebrar na cidade con motivo da Reconquista.<br />
![1080217498oficios1.jpg 1080217498oficios1.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1080217498oficios1.jpg)
Os días 26, 27 e 28 o CAT colaborará coa presencia de artesáns nos eventos que ten programado a asociación de comerciantes e hosteleiros de Santiago de Vigo. Nun dos locais poderá verse a exposición itinerante: a artesanía tradicional. Un patrimonio actual que recolle paneis con textos e pezas que se corresponden con sete oficios tradicionais e que será completada coa presencia de tres artesáns que farán demostracións do seus oficios.
Así o sábado 27 as 17:30 terá lugar unha demostración de elaboración de cerámica tradicional a cargo de Tomás López González da zona de Gundivós (Lugo). O domingo día 28 as 17:30 estará o cesteiro Antonio González Fernández de Lobeira (Ourense) e o luns ás 11:30 terá lugar a demostración do oficio do ferreiro que será realizada por Friedrich Bramsteild de Bande (Ourense).
Así o sábado 27 as 17:30 terá lugar unha demostración de elaboración de cerámica tradicional a cargo de Tomás López González da zona de Gundivós (Lugo). O domingo día 28 as 17:30 estará o cesteiro Antonio González Fernández de Lobeira (Ourense) e o luns ás 11:30 terá lugar a demostración do oficio do ferreiro que será realizada por Friedrich Bramsteild de Bande (Ourense).
![1080217498oficios1.jpg 1080217498oficios1.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1080217498oficios1.jpg)
![1080217547oficios2.jpg 1080217547oficios2.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1080217547oficios2.jpg)
![1080217611oficios4.jpg 1080217611oficios4.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1080217611oficios4.jpg)