Convenio co Instituto de Estudios Vigueses
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Fundación Provigo e o Instituto de Estudios Vigueses polo que se establece unha axuda de 58.195 euros para o desenvolvemento de programas do Instituto.
Mediante a subvención financiarase o programa de actividades e funcionamento do Instituto de Estudios Vigueses do ano 2004. As liñas xerais do programa consisten na edición de publicacións, a edición dunha web, o desenvolvemento dun proxecto de creación dun centro de Documentación da Historia de Vigo e a realización dun ciclo de conferencias.
As publicacións que editará este ano o Instituto son "Os nomes da Ría de Vigo-III"; facsímil "Vigo en 1927"; "Historia de los cines de Vigo"; "Los Faros de cabo silleiro"; "Recordando los tranvías de Vigo"; facsímil "Pacewicz, arquitecto vigués"; facsímil "historia de Vigo y comarca"; e boletín do IEV "Glaucopis"- ano X nº10.
O Instituto tamén realizará o V concurso Reconquista de narracións e exposicións dos tranvías e arquitecto Pacewicz.