Escoitar

Exposición de pintura do instituto Politécnico

A sala de exposicións da Casa da Xuventude acolle dende o martes unha exposición de pintura de traballos realizados por alumnas e alumnos do I.E.S. Politécnico de Vigo e algúns dos seus profesores.

luns, 22 mar 2004
A mostra reúne obras realizadas nas clases deste centro onde as temáticas, materiais, técnicas e procesos de elaboración responden a criterios pedagóxicos, cos que entre outros conceptos se trata de ensinar que "pintar é un xeito de dixerir o que xantamos polos ollos". É preocupación dos mestres inculcar nos alumnos a dinámica de selección de imaxes que sirvan de estímulo para realizar bocetos de futuros cadros.

A mostra inaugúrase o martes 23 ás 19:00 horas na Casa da Xuventude coa presencia das alumnas e alumnos e profesores do centro que teñen participación na mostra.

As obras poderán contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10 a 14 horas e pola tarde de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº 31, ata o 2 de abril.