Escoitar

Cen días de Goberno

O voceiro do goberno municipal, José Manuel Figueroa, deu conta hoxe das actuación principais do actual goberno local nos primeiros cen días de xestión e manifestou que o equipo considera satisfactorio o traballo realizado neste tempo.

luns, 22 mar 2004
1079961680chema.jpg
Figueroa
Figueroa informou, entre outras cuestións, do encargo por parte do Concello á Administración Hidráulica de Galicia dun proxecto constructivo que detalle e valore economicamente actuacións de mellora na depuradora. Lembrou Figueroa que un mes mais tarde o Concello asinaba un protocolo coa Xunta para solucionar os problemas de depuradora por un importe de 2.263.000 euros.

En relación ó PXOM, o goberno municipal inicia no mes de xaneiro, as reunións técnicas e constitúe unha comisión de seguimento na que se incorporan as administracións que executan infraestructuras en Vigo, co obxectivo de que o plan contemple todas e cada unha das actuacións previstas. Mantivéronse un total de 11 reunións co fin de debater o documento. Ó tempo, o equipo redactor presenta unha proposta para a ordenación detallada de 34 áreas da cidade, que abarcan unha superficie de 2.471.552 metros cadrados.

Outras melloras das que da conta o Goberno refírense o desbloqueo da situación da rúa Ecuador; estudio do borde litoral, billete de autobús gratuíto para os pensionistas de tipo 1; cesión do edificio Cambón para o traslado das dependencias da Alcaldía; aforro de 9 euros no recibo do lixo ; disposición de terreos para a construcción de tres centros de saúde; inicio dun plan de mellora do contorno urbano; desbloqueo de Casa Mar; posta en marcha das concellerías de distrito; aprobación do Plan Municipal de Emprego; aprobación do convenio de colaboración con RENFE para a construcción da nova estación de ferrocarril; aprobación inicial do PEPRI do Casco Vello; rehabilitación de vivendas no Casco Vello e no casco histórico de Bouzas ; investimentos no saneamento en Zamáns e Valadares; renovación do alumeado público; acondicionamento do borde litoral de Alcabre e rehabilitación do borde marítimo de A Guía.
Descargar todas as imaxes