Escoitar

A alcaldesa entregou ós grupos políticos os regulamentos orgánicos que establece a Lei de Modernización do Goberno Local

A alcaldesa, Corina Porro, entregou hoxe ós grupos políticos municipais varios borradores de regulamentos que establece a Lei de Modernización do Goberno Local. Os borradores son a regulación do Pleno, do Consello Social da Cidade, da Comisión Especial de Suxerencias e Reclamacións, dos procedementos de Participación Cidadá, da división do Municipio en Distritos, da determinación dos niveis esenciais de organización municipal e do órgano para a resolución de reclamacións económico-administrativas.

xoves, 25 mar 2004
Ademais, entregou o anteproxecto de estatutos da Xerencia de Urbanismo, do Instituto Municipal dos Deportes, da Escola de Artes e Oficios e do Parque das Ciencias Vigo-zoo. Os regulamentos foron elaborados por un grupo de traballo de cinco técnicos coordinados polo secretario xeral do Concello.

O vindeiro día 2 de abril convocarase a unha reunión ós grupos políticos municipais para que poidan facer as súas aportacións. A reunión estará presidida pola concelleira Lucía Molares.