A Festa da Reconquista no Casco Vello
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, e a presidenta do Plan Comunitario do Casco Vello, María Xosé López, asinaron un convenio de colaboración para a celebración da Festa da Reconquista co obxectivo organizar unha representación teatral e actividades como obradoiros de vestiario, mercado de artesanía,danzas bretonas e tradicionais.
Con esta celebración, integrada no programa oficial de actos do Concello, preténdese a revalorización social do Casco Vello, dar a coñecer a historia da cidade dun xeito lúdico e fomentar a participación nas actividades culturais e de lecer nesa zona.
Programa
Xoves, 25 de marzo
Conferencias "Artesanía e oficios en Portugal" por María Graça Ramos, directora do centro Rexional de artesanía de Oporto CRAT e "Centro de artesanía tradicional de Vigo" por Montserrat Cabezas Gómez , coordinadora do Centro de artesanía tradicional de Vigo, CAT, no Instituto Camoes na praza de Almeida.
Venres,26 de marzo
De 10 a 13h e de 16 a 20 h Mostra de oficios artesanais de Portugal no Instituto Camoes na praza de Almeida.
Sábado,27 de marzo
12:00 Inauguración do mercado de artesanía e acto simbólico pola paz, solta de pombas na praza da Constitución
18:00 Ruada de músicos tradicionais, xigantes e cabezudos, animación da rúa e contacontos Mabroc
19:00 Libélula, teatro de marionetas de Segovia presenta "Buscando a don Cristobal" na praza da Princesa.
21:00 Concerto de grupos tradicionais galegos Faioco e Murga do Obradoiro de Cultura tradicional Ultreira e folk bretón Penn Bazh. Baile participativo, danzas francesas e galegas.
Domingo, 28 de marzo
Mercado de artesanía na praza da Constitución, rúas e prazas do Casco Vello durante todo o día.
11:00 Mostra de oficios tradicionais
12:00 Ruada de músicos tradicionais, xigantes e cabezudos, animación da rúa o Cego dos Monifates, contacontos Mabroc
18:00 Representación teatral da Reconquista
20:00 Concerto dos grupos Faioco, Noitarega e Penn Bazh. Baile e festa da amizade franco viguesa cos personaxes e grupos convidados na Praza da Constitución.
Luns,29 de marzo

Brincadeira: mostra de música e bailes tradicionais na praza da Constitución de 12 a 14h e de 17 a 19 h.
Mercado tradicional e artesanía nas rúas e prazas de Bouzas, celebración da victoria con músicas tradicionais e animación de rúa.
Descargar todas as imaxes