martes, 4 mai 2004
A punto de rematar as clases, miles de nenos e nenas xa teñen un espacio habitual de xogos e compañeiros nas ludotecas das distintas zonas de Vigo. Só hai que achegarse a unha delas e facerse socio con levar unha foto e moitas ganas de aprender e pasalo ben.
luns, 3 mai 2004
A concelleira de Xuventude, Lucía Molares, presentou a posta en marcha do Plan Nexus co que se pretende involucrar as persoas xoves na creación de redes xuvenís a nivel local impulsando a participación nas accións programadas por esta concellería e promovendo ás actividades realizadas polos xoves.
venres, 30 abr 2004
O programa de ocio nocturno Noites Vivas, da concellería de Xuventude, presenta todas as fins de semana ata finais de maio, unha oferta de actividades que trata de abranguer ó maior número de usuarios posibles, realizando propostas deportivas, obradoiros, clásicos e innovadores, actividades en colectivo e individuais, creativas e de distensión, participativas e de simple presencia coma espectador.
mércores, 28 abr 2004
A concellería de Xuventude organiza un seminario de adaptación á nova Lei de Asociacións , dirixido aos colectivos xuvenís da cidade.
xoves, 22 abr 2004
Entre outras moitas actividades a realizar esta fin de semana cobran importancia as relativas coa cociña. O venres se pode acudir a tres lugares distintos para elaborar, por exemplo, cociña afrodisíaca, no Centro Xuvenil da rúa Uruguai, ou exquisiteces variadas e pratos sinxelos nas sedes de Camiño Vello en Coia ou o Centro Cívico de Teis. O sábado se pode aprender a facer repostería sen forno con só presentarse no centro Xuvenil a eso das 22:30 horas.
xoves, 15 abr 2004
Despois dunhas breves vacacións as actividades de ocio nocturno se desenvolven de novo nas asociacións colaboradoras co programa que dende o pasado mes de marzo leva a cabo a área de Xuventude do Concello de Vigo.
mércores, 7 abr 2004
O mes de abril iníciase nesta ocasión coas vacacións de Semana Santa para os rapaces e rapazas da cidade, e para o aproveitamento destes días, as ludotecas teñen preparado unha programación variada segundo o centro ó que se acuda.
xoves, 1 abr 2004
O programa de ocio nocturno Noites Vivas terá esta fin de semana un alto contido culinario". A Concellería de Xuventude pretende con esta alternativa ofertar outro tipo de entretemento con variadas opcións para os xoves.
xoves, 25 mar 2004
O programa de ocio nocturno Noites Vivas arranca de novo para amenizar as veladas xuvenís con actividades para todos os gustos. Esta nova tempada contempla algunha novidade entre obradoiros e actividades deportivas, e conserva a posibilidade de utilizar as sedes como lugar de encontro e actividade libre.
luns, 22 mar 2004
A sala de exposicións da Casa da Xuventude acolle dende o martes unha exposición de pintura de traballos realizados por alumnas e alumnos do I.E.S. Politécnico de Vigo e algúns dos seus profesores.