A Concellería de Xuventude ofrece unha diversión alternativa para o fin de semana co seu programa Noites Vivas
xoves, 25 nov 2004Obradoiros de cociña, clases de baile ou xogos de mesa e "en rede" son algunhas das propostas.
Obradoiros de cociña, clases de baile ou xogos de mesa e "en rede" son algunhas das propostas.
Cociña árabe, break dance, danza do ventre, castañas, pólo ao curri, squash, musculación... A ofera de actividades das Noitas Vivas é do máis variado neste mes de novembro. Para disfrutalo, só hai que achegarse ao Centro Xuvenil Municipal, o pavillón do Berbés, a Asociación de veciños de Coia, a Asociación Cancerbeiro ou á Asociación de veciños Dr. Fleming.
Unha nova edición do programa "Noites Vivas", deseñado pola concellería de Xuventude, volta dende mañá ás noites viguesas e estará presente tódolos venres e sábados ata o 18 de decembro en distintos pavillóns deportivos e asociacións xuvenís e veciñais.
O convenio prolongarase ata 2005 e supón unha inversión total de 37.000 euros. A asociación Alborada leva 22 anos traballando en Vigo cunha labor principalmente informativa que pretende chegar, non só aos mozos, senón tamén aos pais e educadores.
Durante a próxima semana e en distintas zonas da cidade, varios artistas e o público que asista, participarán nunha mesma viaxe chea de fantasía, color, alegría, espranza... un sinfín de sensacións para todo aquel que queira incorporarse.
A competición celebrarase o sábado 28 e o domingo 29 no Skatepark do Castro e no Half-pipe de Samil respectivamente. Os seis primeiros clasificados poderán optar a un total de 17 trofeos e 12 medallas, así coma premios en especie. A inscrición custará 3 euros e deberá formalizarse o sábado pola mañán, antes das 16.00 horas.
Despois de doce días onde os máis cativos puideron disfrutar dun sinfín de actividades, a proposta lanzada dende a concellería de Xuventude dice adeus ata o ano que ven. Unha alternativa ao lecer estival dos pequenos que, a pesar do mal tempo, puideron sentirse verdaderos cidadáns vigueses.
O Campamento, dirixido aos rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos, terá lugar en dúas quendas con 30 cativos cada unha: do 16 ao 20 de agosto e do 23 ao 27 de agosto. O horario de actividades dará comezo ás 10.00 horas e rematará ás 18.00 horas.
As xornadas forman parte da programación de verán da concellería de Xuventude "Verán Xove" e están enmarcadas no Plan Nexus, proxecto ideado co fin de dinamizar a participación xuvenil na nosa cidade.
O campamento, dirixido para os nenos de entre 8 e 14 anos, terá lugar do 2 ao 13 de agosto. A inscrición será gratuíta e aberta e os que participen poderán facelo a tempo completo ou ben só nalgunhas das actividades previstas.