Xuventude amplía ás tardes o seu programa de ocio
A partires do vindeiro 1 de abril e ata o 28 de maio, a Concellería de Xuventude pon en marcha unha nova programación de ocio gratuíto nas tardes e noites dos venres e sábados.<br /> <br />
Nesta edición poden apreciarse unha serie de novas como son:
- Actividades de tarde: Coa finalidade de poder chegar ao público máis novo, moitos dos espazos onde se levará a cabo o programa abrirán as súas portas polas tardes con actividades pensadas sobre todo para xoves de entre 12 e 18 anos. Así pois, o Espazo Xove do Castro estará aberto os venres e sábados dende as 17 horas, a Asociación Xuvenil Cancerbero abrirá os venres dende as 18 horas e na Asociación Xuvenil Abertal poderanse realizar actividades os venres a partires das 17,30 horas e os sábados dende as 18 horas.
- Participación de novos colectivos: Ademais das entidades tradicionais neste programa, como son a A.X. Abertal, A.X. Cancerbero, A.V. Camiño V. de Coia e A.V. Doutor Fleming, nesta edición participan entidades e colectivos novos como:
a) Agrupación Deportiva Viguesa
b) Asociación de Malabares e Artes Circenses "Malandraxe"
c) Grupo de Break Dance "Black Shadows"
d) Asociación de Uruguayos por el Mundo
e) Asociación Xuvenil "Ippon"
f) Asociación Xuvenil "Delta House"
g) Grupo de afeccionados ós coches de radiocontrol MiniZ
h) DJ Studio
- Actividades novidosas: Na súa liña de ofertar un abano de posibilidades á mocidade da cidade, este programa acolle nesta edición, ademais de actividades moi demandadas ou que tiveron moito éxito en edicións anteriores, unha serie de actividades novas como Coches de radiocontrol MiniZ, desafío SMS, obradoiros de expresión corporal e de improvisación teatral, iniciación á linguaxe de signos, Modding (decora o teu PC), a hora Wiki (deseño de webs en grupos), xogo de petanca, curtametraxes seguidas de seminarios-xogos sobre temas de actualidade, novos bailes (hip-hop, funky, fusión oriental, fusión africano, ....), etc. Ademais incorporáronse na programación algúns encontros do torneo de baloncesto Vigo en Xogo.
- Maior difusión: Nesta ocasión, ademais da difusión de folletos informativos que conteñen a programación completa, un grupo de xoves relacionados coas artes escénicas percorrerán varios Institutos de Educación Secundaria e algunhas facultades da Universidade de Vigo, coa intención de presentar a nova programación dun xeito lúdico.
Ocio alternativo
O programa de ocio nocturno alternativo está definido por unha serie de principìos que cómpre en todos os casos:
- Participación xuvenil: Esta iniciativa tenta abrir un novo camiño para que os xoves pasen de ser unicamente destinatarios de ofertas de consumo de ocio a ser os protagonistas do seu ocio. Para elo trátase de implicar aos mozos e mozas na definición e realización da programación das actividades, ben sexa a nivel particular ou ben a través das agrupacións e/ou asociacións xuvenís.
Existe un Foro onde participan, ademais de técnicos da Concellería de Xuventude, varias entidades xuvenís e outras de interese xuvenil. Neste Foro faise un seguimento do programa, así como a avaliación e as propostas xerais de actuación.
- Dinamización asociativa: Unha das maneiras de posibilitar a participación dos xoves no Proxecto é fomentando a participación de asociacións xuvenís no mesmo. Deste xeito estase a dar a oportunidade de ter que asumir responsabilidades en proxectos colectivos, coa conseguinte aprendizaxe e maduración asociativa. Por outra banda, a través do programa de ocio nocturno, moitos/as xoves teñen a oportunidade de coñecer a laboura das diferentes entidades, coa posibilidade de poder participar noutras actividades por elas programadas.
- Diversificación de ofertas de ocio: Trátase de ofertas de ocio distintas e alternativas ás predominantes nas tardes e noites das fins de semana, se ben non teñen porqué estar enfrontadas. A súa forza reside en que combinan o cumprimento de obxectivos de ocio con outros (educación non formal, autoorganización, promoción de prácticas de vida saudables, etc.), de xeito que proporcionan unha oferta máis enriquecida para a mocidade. Ademais, na medida en que se implican os xoves, permite pasar dun ocio pasivo a un ocio activo.
Ó mesmo tempo, trátase dunha alternativa de ocio de calidade na que se combinan ofertas de entretenemento para os diversos perfís de mozos e mozas, presentando para elo un abano amplo de posibilidades.
- Educación non formal: Este programa de ocio alternativo pode ser unha plataforma de achegamento a eidos educativos que ás veces resulta complicado ofertar noutros espacios ( coeducación, educación sexual, educación para a saúde, educación medioambiental, educación para a paz e a solidariedade, etc.).
Obxectivos e destinatarios
O programa de actividades de ocio vai destinado a rapaces de 12 a 30 anos e colectivos xuvenís que desexen participar ou organizar as actividades. Os obxectivos fundamentais que tratan de cumplirse son os seguintes:
a) Ofrecer ós xoves da cidade de Vigo unha proposta de ocio alternativa e de calidade, na que se combinen ofertas de entretemento para os diversos perfís de mozos e mozas con espacios para a educación non formal.
b) Implicar na definición e realización da programación das actividades á mocidade e, en particular, ás agrupacións e/ou asociacións xuvenís existentes tanto no barrio como no resto da cidade.
c) Dinamiza-la realidade asociativa xuvenil implicada no proxecto, realizando un apoio específico na súa relación coa Concellería de Xuventude.
Actividades
As actividades a desenvolver no programa de Noites Vivas van adaptándose á demanda e intereses dos mozos e mozas. De tódolos xeitos, pódense enmarcar nos seguintes grandes bloques:
a) Actividades lúdicas: Actividades amenas e divertidas, con atractivo para a noite e que mobilizan a un número importante dos/das asistentes (Xogos de rol, bailes, torneos de xadrez, etc.).
b) Actividades deportivas e xogos: Trátase de ofertar diversos deportes colectivos nos que se poidan incorporar criterios de entretemento á par da consabida competencia deportiva ( baloncesto, pachangas, petanca, fútbol sala, patinaxe, esgrima, tiro con arco, ioga, etc.).
c) Obradoiros: Son actividades a realizar en paralelo ás lúdicas e ás deportivas e xogos. Preténdese que cada día haixa unha variedade de xeito que poidan interesar a diferentes perfís de xoves (malabares, reflexoterapia, expresión corporal, xabóns artesanais, coiro, cestería, grafoloxía, abelorios, linguaxe de signos, etc.).
d) Acceso ás novas tecnoloxías: Actividades a realizar de forma paralela ás anteriores (acceso a internet, deseño de webs, decora o teu PC, etc.).
e) Actividades culturais: Trátase de ofertar un abano de actividades alternativas de carácter cultural (Teatro, concertos, cine, seminarios, etc).
f) Espacios para quedar: Preténdese poñer a disposición dos/das xoves algúns espacios que poidan ser punto de encontro e reunión. As actividades a desenvolver neste espacio serán libres (futbolín, ping-pong, xogos de mesa, cartas, xadrez, xogos de inxenio, etc.).
Descargar todas as imaxes