Corina Porro presentou a nova Policía de Distrito
A finalidade desta nova ordenación da Policía Local é a proximidade ao cidadán e o coñecemento detallado das necesidades de cada distrito.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, presentou hoxe xoves xunto co concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, e o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, a nova ordenación deste corpo, destinada a responder ás novas demandas da sociedade.
Os obxectivos desta nova ordenación, segundo afirmou a alcaldesa, son "a proximidade ao cidadán, a prevención e a seguridade cidadá e o coñecemento detallado das necesidades de cada distrito". A renovación, que foi cualificada por Carmelo del Castillo de "transformación radical da actividade policial", quer, deste xeito, conseguir preparar e desenvolver campañas selectivas dependendo do diagnóstico de cada área.
O novo organigrama da Policía Local componse, en primeiro lugar, dun conxunto de 72 axentes que se distribuirán en patrullas de proximidade de dous axentes, unha de mañé e outra de tarde, polo municipio, que se dividirá en 10 distritos.
Estes distritos son: o Casco Vello, a praza de Compostela e o seu contorno, Príncipe e o seu contorno, praza Elíptica, Casablanca, a zona de Povisa, xunto coa praza da Independencia, Regueiro Carmen e Pintor Colmeiro; o parque de Castrelos coa avenida de Balaídos, con Fragoso e a avenida de Castrelos; a praza da Miñoca e a avenida Castelao; o paseo de Bouzas, coa alameda e o seu contorno; e Rivera Atienza, Calvario, Martínez Garrido e Genaro de la Fuente.
Ademais, outros 22 axentes serán repartidos entre a patrulla de motoristas e a policía rural. A patrulla de motoristas terá unha función polivalente, ao cubrir as áreas de seguridade vial (fundamentalmente en arterias principais e zonas conflictivas) e seguridade cidadá.
Para mellorar a tarefa deste corpo, a Policía Local traballa na elaboración dun mapa de sinistros, no que se rexistran os lugares e horas dos accidentes, así como os tipos de vehículos e conductores implicados neles e o tipo de infracción que os provocou. Pola súa parte, a patrulla rural traballará nas zonas forestais e nas praias do muncipio, incrementado a súa presenza nestes lugares durante as fins de semana.
Descargar todas as imaxes