"O soldadiño de chumbo", no día do libro infantil e xuvenil
O sábado 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil, a programación <br /> da Biblioteca Central está dedicada ao conto de Hans Christian Andersen <br /> "O soldadiño de chumbo". Por primeira vez, o contacontos vai ser interpretado na lingua de signos.<br />

O sábado día 2 de abril, e con motivo da celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que este ano está dedicado a Hans Christian Andersen, a programación da Biblioteca Central acolle o desenvolvemento dun contacontos baseado no conto deste autor danés "O soldadiño de chumbo".
A actividade, que terá lugar a partir das 11 horas na sala infantil da biblioteca, vai ser interpretada para xordos por unha intérprete de língua de signos, de maneira que será o primeiro contacontos en língua de signos que se desenvolverá na biblioteca.
Ademáis, a Biblioteca Pública Central de Vigo está a levar a cabo en colaboración coa Asociación galega do libro infantil e xuvenil (Gálix) un concurso que ten como base "O soldadiño de chumbo" de Hans Christian Andersen, e "A Galiña Azul" de Carlos Casares. O concurso está destinado para rapaces de 0 a 14 anos e consiste en realizar un debuxo, ilustración ou redacción sobre estes dous contos.
No marco desta programación dedicada aos nenos e denominada "Os sábados conto", o resto dos sábados do mes de abril os máis pequenos poderán seguir disfrutando de contacontos.
Así, o sábado día 9 estará centrado en "La mejor colección" de Laura Fernández Rivera Río; o sábado 16, en "Bajar la luna del cielo" de J. Emmett; o día 23 na obra de Gianni Rodari, "El dueño de la luna", e o día 30 leranse os contos "La guerra de las campanas" e "Juan el distraído", tamén de Gianni Rodari.