Noites Vivas ofrece unha mestura de ocio e culturas no seu programa de fin de semana
Cociña árabe, break dance, danza do ventre, castañas, pólo ao curri, squash, musculación... A ofera de actividades das Noitas Vivas é do máis variado neste mes de novembro. Para disfrutalo, só hai que achegarse ao Centro Xuvenil Municipal, o pavillón do Berbés, a Asociación de veciños de Coia, a Asociación Cancerbeiro ou á Asociación de veciños Dr. Fleming.
As noites do venres e sábado, os xoves teñen unha cita nas Noites Vivas, o programa de ocio nocturno alternativo que se organiza dende a Concellería de Xuventude. As actividades teñen lugar en distintos puntos da cidade.
Así, o venres día 12, no Centro Xuvenil Municipal situado na rúa Uruguai nº 9 vanse preparar pratos de cociña árabe, con especias e alimentos desta cultura. Tamén se poderá analizar a escritura no obradoiro de grafoloxía, conectarse a internet, ou realizar obradoiros libres de coiro e chapas.
No pavillón do Berbés poderase disfrutar de distintas modalidades de baile como a danza do ventre e break dance, ou practicar deporte con pachanga nocturna, squash e musculación.
As partidas de rol e os xogos de mesa dominan a oferta na Asociación Cancerbero, na rúa Heraclio Botana 6, onde cada venres acoden un grupo nutrido de xoves que non perden o tempo.
Máis cociña, pero esta vez autóctona, na A.V. de Coia, que prepararán puré de castañas, pólo ao curri e castañas asadas. Tamén dispoñen de equipos de conexión gratuíta a internet para os que non queiran cociñar.
Por último, na A.V. Dr. Fleming complétase a oferta do venres cun obradoiro de repuxado en coiro para elaboración de adornos neste material, mantendo aberto para uso libre a sala multiusos con xogos , tetería, e o acceso a internet.
O sábado 13 a oferta de actividades divídese entre o Centro Xuvenil e o pavillón do Berbés. No primeiro celebrarase un obradoiro de cócteles sen alcol con multitude de combinacións aptas para todo o público. Ademais traballarase con coiro para elaborar útiles de uso común e non tanto. Acceso a internet, sala de xogos e self service completan o abano de actividades neste centro.
No Berbés seguirán bailando, neste caso con bailes de salón, pero tamén haberá tempo para o deporte, xa que ademais de fútbol sala, musculación e squash, poderemos aprender unha nova arte marcial xaponesa chamada Aikido.
Os horarios das actividades oscilan entre as 22:00 ou 22:30 horas ata non máis tarde da 1:30 dependendo de cada centro. Existen folletos informativos nas diferentes sedes e organismos oficiais de Xuventude, coma a Casa da Xuventude, onde se pode acudir ou simplemente chamar por teléfono ao 986 294 806 e consultar calquera dúbida sobre os programa de actividades, así como tamén descargar o programa dende a web www.xuventudevigo.org.