venres, 20 abr 2007
Play Station, Internet, Chat, Messenger, Wifi, Bluetooth e outras novas tecnoloxías comparten a carteleira desta fin de semana con outras actividades relacionadas coas tradicións, coma baile galego, pandeireta, traballo artesanal do coiro, dentro da programación de Tardes e Noites Vivas.
luns, 16 abr 2007
A concellería de Xuventude, Lucía Molares, ven de presentar un novo programa de dinamización de rúas dirixido a todos os públicos, baixo o nome de Emprázate. Este programa terá lugar na rúa do Príncipe, praza da Independencia, praza da Princesa, Calvario, paseo de Bouzas e praza do Emigrante os sábados, do 21 de abril ao 26 de maio, e o domingo 20 de maio .
venres, 13 abr 2007
O sábado 14 de abril, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), a partires das 17:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar un festival de música emerxente denominado "Pelexando á contra" no que participarán músicos e formacións musicais da cidade.
venres, 13 abr 2007
O domingo 15 de abril, na SalaA! de 17:00 a 20:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha gran festa ambientada en Brasil.
xoves, 12 abr 2007
Esta fin de semana, venres 13 e sábado 14 de abril, o programa da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo "Tardes e Noites Vivas" ofertaralle ao público xuvenil unhas tardes e noites repletas de troula e paixón con actividades coma un obradoiro de cociña para namorar, técnicas para ligar, bailes de diversos tipos, un gran abano de obradoiros, deportes e acceso ás novas tecnoloxías.
venres, 30 mar 2007
"Tardes e Noites Vivas" é un programa de ocio alternativo para mozos e mozas, posto en marcha pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración con diferentes entidades da cidade.
venres, 23 mar 2007
O sábado e doming na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), de 17:00 a 20:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha programación dirixida á xente moza.
xoves, 22 mar 2007
O venres, 23 de febreiro, a partires das 22:30 h. na SalaA! (Avda. Beiramar, 113) actuacións en directo dos finalistas do concurso MusicaliA! da Concellería de Xuventude de Vigo en colaboración coa SalaA!.
xoves, 22 mar 2007
A fin de semana, os mozos e mozas de Vigo poderán disfrutar de diversas actividades nas "Tardes e Noites Vivas", un programa de ocio alternativo posto en marcha pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración con diferentes entidades da cidade.
venres, 9 mar 2007
A partir do vindeiro 9 de marzo e ata o 19 de maio terá lugar, nas fins de semana, o programa de ocio alternativo xuvenil "Tardes e Noites Vivas" da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo.