O Castro soará a Rock

venres, 18 mai 2007

Continúan os Castroconcertos coa actuación dos grupos ARTEFACTOS e WORDLESS, o sábado 19 de maio a partires das 22:30h e o domingo de 10 a 11h haberá Tai Chi ao aire libre.

Coia celebrará o seu Día do Mozo o próximo 26 de maio

venres, 18 mai 2007

A Asociación de Veciños "Camiño Vello" de Coia organiza o sábado 26 de maio, coa colaboración da Concellería de Xuventude, a VIII edición do Día do Mozo, na que participarán 19 colectivos do barrio cos seus obradoiros e actuacións para todos os nenos e mozos que se acheguen ao contorno da avenida de Castelao.

Coia celebrará su Día do Mozo el próximo 26 de mayo

venres, 18 mai 2007

La Asociación de Vecinos "Camiño Vello" de Coia organiza el sábado 26 de mayo, con la colaboración de la Concejalía de Juventud, la VIII edición del Día do Mozo, en la que participarán 19 colectivos del barrio con sus talleres y actuaciones para todos los niños y chicos que se acerquen al entorno de la avenida de Castelao.

Gran Xogo da Cidade na praza da Independencia

venres, 18 mai 2007

Unha serie de seres estraños e tolos roubaron cinco dos símbolos máis emblemáticos da cidade de Vigo: a Ponte de Rande, a oliveira, a praia de Samil, as Illas Cíes e a escultura dos cabalos. Son seres vidos de distintas partes e épocas, caprichosos e malvados. ¿Seremos capaces de recuperar os nosos símbolos? Para iso precísase enxeño, astucia e non ter vergoña.

Fresta de despedida da edición de primaveira de "Tardes e Noites Vivas"

mércores, 16 mai 2007

A edición de primavera do programa da Concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas" despídese, a vindeira fin de semana, cunha morea de actividades dirixidas ás mozas e mozos da cidade. Así, pois, está prevista a celebración dunha gran festa brasileira, unha competición de Hip-Hop Freestyle, un concerto ao aire libre, unha gran variedade de obradoiros, actividades deportivas e bailes.

Semana da Internet e as Letras Galegas no Castro

mércores, 16 mai 2007

Co gallo da celebración do 17 de maio, día da Internet e das Letras Galegas, o programa de lecer alternativo "Súbete ó Castro", da Concellería de Xuventude, organiza unha serie de actividades que se desenvolverán ao longo da semana do 14 a 19 de maio.

Noite de RAP en vivo este no Castro

venres, 11 mai 2007

Continúan os Castroconcertos coa actuación dos grupos L. CSAR & LK POLAKO e EL ENIGMA, a partires das 22:30h o sábado 12 de maio e o domingo de 10 a 11h haberá Tai Chi ao aire libre.

Festa uruguaia no espazo "Sala Ábrete"

venres, 11 mai 2007

O domingo 13 de maio, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), de 17:00 a 20:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha gran festa ambientada en Uruguai. A entrada será gratuíta e a sala estará decorada con motivos típicos dese país.

Festival de música emerxente

venres, 11 mai 2007

<br /> O sábado 12 de maio, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), a partires das 19:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar un festival de música emerxente denominado "Pelexando á contra". Trátase dun festival organizado por xente moza, en colaboración coa Concellería de Xuventude de Vigo no que participarán diferentes músicos e formacións musicais da cidade.