Inicio das actividades do "Verán Xove 07"
Dende o luns 2 de xullo, centos de nenos e nenas de Vigo participan nas actividades do programa da Concellería de Xuventude "Verán Xove".
A nova edición deste programa para o verán 2007 conta con varios campamentos distribuídos por toda a cidade e con actividades en catro ludotecas municipais. Así, pois, o luns comezaron cinco campamentos urbanos diferentes e con temáticas variadas.
"Verán en Vigo", desenvolverase no pavillón municipal de Bouzas e durante todo o mes, en quendas de quince días cada unha, fará as delicias de nenos e nenas de entre 4 e 11 anos cunha variada programación de actividades: deportivas, obradoiros, xogos, saídas, etc. O horario deste campamento é de 9:00 a 14:00hs.
"Escola Hípica de Verán", onde se poderá practicar equitación ademais de coñecer todo o relacionado co mundo do cabalo (alimentación, limpeza, coidados, mantemento de materiais e instalacións, etc.). Terá lugar no Club Hípico La Muralla durante os meses de xullo e agosto en quendas semanais e con horario de 10:00 a 13:30h.
"Verán en Clave de Sol", campamento dedicado á expresión artística sobre todo musical. Desenvolverase, na primeira quincena de xullo, no colexio Doutor Fleming de 10:00 a 16:30h.
"Verán de Lecer", na Asociación Veciñal Doutor Fleming, durante todo o mes de xullo repartido en dúas quendas. Os nenos e nenas de entre 5 e 14 anos poderán realizar obradoiros, xogos, excursións, etc.
"Campamento Urbano de Teis", no colexio Santiago Apóstol, dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 12 anos. En dúas quendas dunha semana cada unha, realizarán obradoiros, rastrexos, concursos, expresión corporal, saídas, xogos, ...
As prazas para acudir a estas actividades xa están totalmente cubertas, pero aínda quedan algunhas vacantes dispoñibles para o Campamento urbano das Travesas (do 30 de xullo ao 10 de agosto) e, para os que desexen saír fóra da cidade, no Campamento da "Granxa Escola El Kiriko" (no Concello de Fornelos de Montes durante cinco días, do 30 de xullo ao 3 de agosto ou do 20 ao 24 de agosto).
A estes campamentos hai que engadirlle as actividades que se realizan nas Ludotecas Municipais durante o período estival e outras actividades da Concellería como poden ser as desenvolvidas no programa "Súbete ao Castro".
Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806 www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes