Santiago Domínguez anuncia a constitución da comisión cidadá "Vigo, Universíada 2013"
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez reuniuse co presidente da Cámara de Comercio, José García Costas , nunha primeira toma de contacto para abordar asuntos de industria, comercio , emprego , turismo e a Universíada.<br />
Santiago Domínguez informou , ao remate da reunión , da importancia de unir esforzos e recursos entre ámbalas dúas institución. No apartado de industria abordouse a importancia de atraer novos eventos no recinto feiral do IFEVI; en materia de emprego salientouse a idoneidade de aproveitar os recursos que ofertan tanto a Cámara de Comercio como o Concello. Abordouse tamén a necesidade de incorporar medidas que faciliten a modernización e competitividade do comercio da cidade
Polo que respecta a Universíada, o primeiro tenente de alcalde anunciou que no mes de setembro constituirase unha comisión cidadá denominada "Vigo Universíada 2013" na que participarán todas as institucións e axentes sociais de cara a conseguir a súa apoio neste proxecto de cidade e presentar a candidatura de Vigo para optar á sede deste evento internacional.
Pola súa banda, García Costas avaliou a xuntanza de fructífera a amosou a colaboración e apoio de Cámara de Comercio co Concello.
Descargar todas as imaxes