Caballero amosa o apoio do Concello a Citroën
Abel Caballero reuniuse este martes no seu despacho da Alcaldía co director do centro PSA Peugeot Citroën en Vigo, Pierre Ianni para intercambiar opinións sobre asuntos relevantes para o desenvolvemento da factoría e a cidade.
![1183468646Caballerocitoen.jpg 1183468646Caballerocitoen.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1183468646Caballerocitoen.jpg)
Caballero amosou a a disposición de colaboración do Concello coa a factoría de Citroën e Porto de Vigo para satisfacer as demandas que poidan xurdir no caso de falta ou ampliación de espacio para a empresa na zona portuaria; problemática que segundo o director de Citroën non teñen nestes momentos.
O alcalde e o director de PSA Citroën trataron o asunto do transporte dos traballadores cara a factoría no senso de facilitar transporte público e reducir a utilización do vehículo particular. Neste asunto tanto o Caballero como Ianni acordaron iniciar conversas coa empresa Vitrasa e buscar unha solución sobre este aspecto.
Descargar todas as imaxes