A cidade de Vigo participará nos VII Xogos do Eixe Atlántico
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de deportes, Xavier Alonso, presentaron hoxe venres no Concello a participación da cidade de Vigo nos VII Xogos do Eixe Atlántico. Este acontecemento terá lugar en Vila Nova de Gaia, Portugal, do 9 ó 14 de xullo coa participación dun total de 116 deportistas nas modalidades de fútbol 7 masculino, balonmán masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, atletismo en pista e en ruta masculino e feminino, natación masculino e feminino e atletismo para discapacitados en pista.