Escoitar

Santi Domínguez presenta as liñas de traballo do "Bicentenario de Vigo 2009"

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, presentou hoxe as liñas básicas de traballo para preparar os actos do bicentenario de Vigo do ano 2009 no que participarán conxuntamente as areas de cultura, turismo e tenencia de alcaldía.

xoves, 5 xul 2007
1183641033santibicentenario.jpg
Santiago Domínguez anunciou que no mes de setembro constituirase unha comisión de coordinación , formada por técnicos e persoas de relevancia no ámbito cultural, deportivo, artísticos , que traballará no que será un acontecemento no só histórico senón tamén de promoción de cidade no ámbito estatal e internacional.

Domínguez manifestou que o orzamento do 2008 contará cunha partida propia das areas de tenencia de alcaldía, cultura e turismo específicas para promover e organizar o evento.

A tal efecto o concelleiro adiantou que o próximo ano haberá actividades preparatorias que confluirán nunha gran semana entorno a Reconquista do ano 2009.

Santiago Domínguez amosou a súa vontade de involucrar a todos os barrios e parroquias da cidade, na conmemoración dun acontecemento que reflicta a historia que deu lugar ao Vigo actual.
Descargar todas as imaxes