Peche ao tráfico da rúa Velázquez Moreno
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de pavimento da calzada, a realizar pola empresa ACCIONA, estará pechada ao tráfico a rúa Velázquez Moreno, treito entre Policarpo Sanz e Marqués de Valladares, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 05 de xullo de 2007 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.