Escoitar

O tenente de alcalde reuníuse cos responsables de Caixanova

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo o mercores unha xuntanza co presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e co director xeral da entidade, José Luis Pego, na que manifestaron a súa vontade de colaborar no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e tamén das relacionadas coa mocidade.

mércores, 4 xul 2007
1183553242santicaixanova.jpg
Segundo Santi Domínguez, é moi importante "profundizar na colaboración con entidades que teñen un papel fundamental no desenvolvemento de Vigo e coas que temos que contar".

A respecto da política cultural falaron da importancia que terá a posta en marcha do Auditorio. "Existe vontade por ambas partes para que esta infraestrutura vital para Vigo poda estar rematada o antes posible", sinalou o tenente de alcalde. Santi Domínguez incidiu na necesidade de axilizar ao máximo o proceso de construción do Auditorio, xa que será un complemento fundamental no fomento da política cultural que quere desenvolver o novo goberno.
Descargar todas as imaxes