Santi Domínguez incorpórase ao consello de administración de Xestur en Pontevedra
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, ven de ser nomeado membro do Consello de Administración de Xestur Pontevedra. Domínguez manifestou que desde esta nova responsabilidade o seu obxectivo será favorecer o desenvolvemento de actuacións que contribúan a dar resposta á importante demanda de solo industrial que ten Vigo e toda a súa área. O tenente de alcalde participará xa na reunión que o Consello de Administración de Xestur ten previsto celebrar o vindeiro 27 de xullo.
Xestur, organismo que depende do Instituto Galego de Vivenda e Solo, xestiona a política de solo. Na actualidade, na área metropolitana de Vigo, ten en marcha entre outras actuacións o desenvolvemento de parques empresariais en Mos, con dúas actuacións, a Plisan de Salvaterra-As Neves e en Ponteareas.
Xestur é unha socidade anónima de ámbito provincial que está participada pola Consellería de Vivenda e Solo, a Consellería de Economía e a Deputación de Pontevedra nun. Os seus principais obxectivos son a elaboración de estudios urbanísticos, plans de ordenacións e a promoción e preparación do solo empresarial para a súa xestión e venda, así como todo o desenvolvemento da actividade urbanizadora que isto conleva.