Valode e Priste arquitectos realizará o proxecto sectorial e básico do novo hospital de Vigo<br />
O xurado do concurso para a redacción do proxecto sectorial e básico do novo hospital de Vigo acordou encargar ao estudo Valode & Priste Arquitectos. O proxecto "completo" foi seleccionado en base á súa implantación no terreo, o desenvolvemento funcional, a calidade arquitectónica e a capacidade de ampliación. Este equipo arquitectónico presentou o seu proxecto baixo o lema "Arco da Vella".
O xurado deste concurso restrinxido, composto tanto por representantes do mundo da arquitectura como por expertos sanitarios e presidido polo secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, Cayetano Rodríguez Escudero, estudou en dúas fases as sete propostas semifinalistas do concurso. Un primeiro estudo se fixo de maneira "cega", sen coñecer o nome do equipo arquitectónico, e un segundo no que cada equipo explicou durante dúas horas o seu proxecto.
Logo desta dobre análise, o xurado recoñece que a proposta seleccionada ten un programa asistencial cunha distribución de usos e circulacións axeitada as necesidades funcionais dun hospital moderno. De feito, o seu deseño aposta pola optimización de fluxos de visitantes, pacientes, persoal e loxística, cunha disposición clara e diferenciada das circulacións na localización.
Igualmente, o xurado salienta que a proposta elixida é "a mellor implantada no territorio, respectando a súa orografía e cun tratamento axeitado do seu contorno"; e ten "a imaxe máis representativa da súa singularidade", xa que, tal e como expuxeron os integrantes deste equipo arquitectónico na súa presentación pública o 27 de abril, a base do hospital é unha sucesión de terrazas axardinadas e delimitadas pro muros de granito.
As liñas do edificio principal evocan cinco velas ao vento que acolleran a área de hospitalización. Está baseado na flexibilidade adaptada á lóxica do asentamento, e facilita unha forte capacidade de ampliación, especialmente nas áreas ambulatoria, de hospitalización e na zona de intervención. Prevé accesos diferenciados para visitantes e persoal e para urxencias e material loxístico.
A entrada principal do edificio destaca como unha galería aberta e panorámica, situada sobre a terraza principal. A arquitectura do edificio permite filtrar a luz exterior e ofrece, en cada lugar onde se encontren os usuarios e as usuarias unha vista panorámica sobra a paisaxe. A totalidade das habitacións están orientadas á paisaxe que se atopa fronte ao hospital.
O propio equipo salienta que este é un proxecto que ten en conta as características da localización, conserva o carácter natural do lugar, é un proxecto modular, flexible e ampliable, cun mantemento sinxelo e económico, optimiza as necesidades e os recursos enerxéticos e responde á demanda de confort por parte do persoal e a cidadanía.
Trátase pois dun proxecto que ademais das súas posibilidades funcionais e de ampliación ten unha clara singularidade arquitectónica que aporta un valor engadido á arquitectura pública de Galicia e de Vigo.
Seis meses para a redacción definitiva do proxecto
Este equipo gañador do concurso para a redacción do proxecto sectorial e proxecto básico do novo hospital de Vigo vai presentar á cidadanía da área sanitaria de Vigo o seu proxecto nun acto público que se celebrará este mesmo mes. Disporá a partir da sinatura do contrato dun prazo máximo de seis meses para a redacción definitiva deste proxecto.
Valode & Priste Arquitectos ten experiencia na construción de hospitais, xa que é o estudo responsable dos centros de Rodes, Lorient e de Bretonneau. O equipo arquitectónico está composto por Jean Priste, Alain Negre, José Manuel Gómez Fernández, Sonia García Grande, Jorge Gómez Cereijo e Alberto González.
O novo hospital de Vigo, situado unha superficie de 250.000 metros cadrados nas parroquias viguesas de Beade e Valladares, contará con 1.414 camas e suporá un investimento de 370 millóns de euros en obra e equipamento, que se dividen en 280 millóns para obra civil e instalacións e os outros 90 para o equipamento electromédico, informático e mobiliario clínico e instrumental.
As 1.414 camas distribúense en tres áreas: medico-cirúrxica, materno-infantil e ambulatoria, así como catro bloques: cirúrxico, de hemodiálise, de urxencias xerais e de urxencias materno-infantís.