mércores, 4 xul 2007
O xurado do concurso para a redacción do proxecto sectorial e básico do novo hospital de Vigo acordou encargar ao estudo Valode & Priste Arquitectos. O proxecto "completo" foi seleccionado en base á súa implantación no terreo, o desenvolvemento funcional, a calidade arquitectónica e a capacidade de ampliación. Este equipo arquitectónico presentou o seu proxecto baixo o lema "Arco da Vella".
mércores, 4 xul 2007
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, ven de ser nomeado membro do Consello de Administración de Xestur Pontevedra. Domínguez manifestou que desde esta nova responsabilidade o seu obxectivo será favorecer o desenvolvemento de actuacións que contribúan a dar resposta á importante demanda de solo industrial que ten Vigo e toda a súa área. O tenente de alcalde participará xa na reunión que o Consello de Administración de Xestur ten previsto celebrar o vindeiro 27 de xullo.
mércores, 4 xul 2007
Cinema, concertos, baile, BMX, cursos de informática, deporte, xogos tradicionais e actividades artísticas compoñen a oferta de actividades para os meses de xullo, agosto e setembro, cun novo horario de apertura.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
mércores, 4 xul 2007
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de pavimento da calzada, a realizar pola empresa ACCIONA, estará pechada ao tráfico a rúa Velázquez Moreno, treito entre Policarpo Sanz e Marqués de Valladares, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 05 de xullo de 2007 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.