Nova programación de verán no "Súbete ó Castro"
Cinema, concertos, baile, BMX, cursos de informática, deporte, xogos tradicionais e actividades artísticas compoñen a oferta de actividades para os meses de xullo, agosto e setembro, cun novo horario de apertura.
O programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" dependente da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo ven de lanzar a súa nova programación de actividades para o verán.
Durantes os meses de xullo, agosto e setembro, as/os mozas/os da cidade con idades comprendidas entre 14 e 30 anos disporán dunha ampla oferta de actividades para desfrutar do seu tempo de lecer.
Con 9 novos CastroConcertos, de entrada libre e gratuíta, que subirán ó escenario ao aire libre do "Súbete ó Castro", ao carón da pista de bicicletas, un total de 18 de grupos, dos máis variados estilos musicais, desde o pop, pasando polo rock, o ska, o metal, o trash até o rap, a música será a protagonista dos sábados noite, a partires das 22:30h.
Un ano máis CastroCinema proxectará cada semana, os venres a partires das 22:30h ao aire libre, unha longametraxe ou curtamestraxes, que nesta edición serán previamente seleccionadas polas/os usuarias/os do programa a través dunha votación previa.
As programación de verán inclúe ademáis destacadas novidades como son os cursos de bailes latinos e de BMX Freestyle, que se celebrará no skate park de O Castro.
As/os afeizoadas/os ao deporte poderán practicar tenis de mesa, ou disfrutar de xogos tradicionais como a billarda ou os bolos celtas.
No eido informático desenvolveranse cursos de iniciación a vídeo, Morphing, Open Writer e instalación de Ubuntu (Linux), cunha aposta decidida pola promoción do software libre.
A mocidade máis creativa poderá empregar o espazo artístico libre no que disporá de material para debuxar, pintar... ou participar no curso de rotulación creativa.
Así mesmo o programa comeza o seu horario de verán: de luns a xoves de 18 a 22h e venres e sábados de 17 a 1h.
Súbete ó Castro
Espazo Xove do Monte de O Castro
Tel. 986 485 541
cibercastro@xuventudevigo.org
www.xuventudevigo.org/cibercastro
Descargar todas as imaxes