Escoitar

O alcalde asina o decreto de competencias dos concelleiros do Goberno Municipal

O alcalde, Abel Caballero, asinou hoxe xoves o decreto polo que se estructuran as áreas e servicios que estarán dirixidos polos concelleiros e concelleiras do Goberno municipal.

xoves, 5 xul 2007
1183639713sinaturacompetencias.jpg
O Goberno estructúrase nas seguintes 15 áreas:

I.- AREA DE INDUSTRIA, COMERCIO, TURISMO E CASCOS HISTÓRICOS, dirixida polo Concelleiro Delegado da Área, membro da Xunta de Goberno Local e Tenente de Alcalde, D. Santiago Dominguez Olveira.

II.- AREA DE XESTIÓN MUNICIPAL, dirixida polo Concelleiro Delegado da Área e membro da Xunta de Goberno Local D. Carlos López Font.

III.- ÁREA DE ECONOMIA E FACENDA, dirixida pola Concelleira Delegada da Área Dª Raquel Díaz Vázquez.

IV.- ÁREA DE URBANISMO E VIVENDA, dirixida pola Delegada da Área e membro da Xunta de Goberno Local, Dª Carmela Silva Rego.

V.- ÁREA DE SERVIZOS XERAIS E VIAS E OBRAS, dirixida pola Concelleira Delegada de Área e membro da Xunta de Goberno Local Dª Isaura Abelairas Rodríguez.

VI.- ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPREGO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, dirixida polo Concelleiro Delegado da Área e membro da Xunta de Goberno Local, D. Santos Hector Rodríguez Díaz.

VII.- ÁREA DE MEDIO AMBIENTE, SANIDADE E CONSUMO, dirixida pola Concelleira Delegada da Área Dª Maria Jesús Lago Rey.

VIII.- ÁREA DE MOBILIDADE, TRANSPORTE E SEGURIDADE, dirixida polo Concelleiro Delegado da Área e membro da Xunta de Goberno Local, D. Xulio Calviño Rodríguez.

IX.- ÁREA DE EDUCACIÓN, dirixida pola Concelleira Delegada da Área, Dª Laura López Atrio.

X.- ÁREA DE CULTURA, ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL, dirixida polo Concelleiro da Área, D. Xesús López Carreira.

XI.- ÁREA DE BENESTAR SOCIAL, dirixida pola Concelleira Delegada da Área e membro da Xunta de Goberno Local, Dª Maria Xosé Mendez Piñeiro.

XII.- ÁREA DE DEPORTES, dirixida polo Concelleiro Delegado da Área e membro da Xunta de Goberno Local, D. Francisco Xabier Alonso Pérez.

XIII.- ÁREA DE XUVENTUDE, IGUALDADE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, dirixida pola Concelleira Delegada da Área, Dª Iolanda Veloso Ríos.

XIV.- ÁREA DE PATRIMONIO HISTÓRICO, dirixida pola Delegada da Área e membro da Xunta de Goberno Local, Dª Elena Maure Noia.

XV.- ÁREA DE DISTRITOS, dirixida polo Concelleiro Delegado da Área D. Angel Rivas González.
Descargar todas as imaxes