A cidade de Vigo participará nos VII Xogos do Eixe Atlántico
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de deportes, Xavier Alonso, presentaron hoxe venres no Concello a participación da cidade de Vigo nos VII Xogos do Eixe Atlántico. Este acontecemento terá lugar en Vila Nova de Gaia, Portugal, do 9 ó 14 de xullo coa participación dun total de 116 deportistas nas modalidades de fútbol 7 masculino, balonmán masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, atletismo en pista e en ruta masculino e feminino, natación masculino e feminino e atletismo para discapacitados en pista.
Os Xogos Deportivos do Eixo Atlántico celebraranse na súa VII edición na cidade portuguesa de Vila Nova de Gaia no estadio Jorge Sampaio, onde terá lugar a cerimonia inaugural a partires das 18.00 h. do martes 10 de xullo, coa participación das cidades Santiago de Compostela, Lugo, Monforte, Ourense, Vilagarcía, Pontevedra, Ferrol e Vigo, Porto, Gaia, Vila Real, Bragança, Braga, Viana do Castelo, Chaves, Guimares e Peso da Régoa.
A cidade de Vigo na anterior edición do 2005 foi campiona en diversas modalidades por equipos e obtivo diferentes primeiros, segundos e terceiros postos en individual. Cun total de 24 medallas, Vigo quedou como primeira cidade no medalleiro xeral, seguida da cidade de Porto e Santiago de Compostela.
Os participantes destes Xogos son todos aqueles nenos e nenas , de categoría cadete, entre 14 e 16 anos preferentemente, e nados a partir do ano 91, excepto para a modalidade de discapacitados que se fai en función do grado de minusvalía. Nesta edición existe unha novidade xa que se incorpora a modalidade deportiva de volei-praia, pero non terá carácter permanente pois poderá ser cambiada en posteriores edicións.
O vindeiro luns día 9 de xullo a delegación de Vigo partirá á cidade de Gaia ás 13.00 h., dende o Instituto Municipal dos deportes, regresando ó mércores día 11 as modalidades individuais e o sábado día 14 as colectivas.
Descargar todas as imaxes