Un dobre CastroConcerto pechará os cursos do "Súbete ó Castro"
Esta fin de semana conclúe a tempada de inverno do programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" dependente da Concellería de Xuventude.
Ao longo dos últimos dous cuatrimestres desenvolvéronse diferentes cursos de formación artística e musical nos que se inscribiron 238 mozas e mozos, con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos.
O venres 22 de xuño a partires das 22:30h haberá un concerto de rap a cargo de LIP & ZONE e EL MERE, no escenario situado ao carón da pista de bicicletas.
Nese mesmo enclave, o sábado pola mañá a partires das 11:00h, celebrarase a Festa Fin de Curso, na que os grupos de música ofrecerán unha jam session, haberá unha actuación de danza oriental e unha improvisación de teatro.
A noite do sábado continuando coa programación dos CastroConcertos, que se prolongará ata o mes de setembro, será o turno do mellor metal coas actuacións dos grupos INSOMNIA e LETHAL VICE, a partires das 22:30h.