Convocatoria do "Programa de axudas municipais á contratación" para o 2007.
<br />
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 21/05/2007, a proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou as bases reguladoras da convocatoria do ano 2007 do "Programa de axudas municipais á contratación", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2004-2007, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de data 15 de xuño de 2007.
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas empresas e entidades distintas da administración pública, que contraten "Persoas desempregadas que participen ou tivesen participado nalgunha das accións ou programas da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, e pertenzan ao colectivo de mulleres, persoas con discapacidade, ou que o posto de traballo estea emprazado na zona de delimitación da área P.E.P.R.I. do Casco Vello de Vigo. As subvencións establecidas nesta convocatoria poderán afectar ás contratacións que, reunindo os requisitos establecidos nas bases reguladoras, se formalizasen no período comprendido entre o 16 de setembro de 2006 e o 15 de setembro de 2007.
PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes vai dende a data de publicación no BOP ata o 15 de setembro de 2007.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, ao "Programa de axudas municipais á contratación"
INFORMACIÓN:
Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego. Praza do Rei s/n (4ª planta).
Tfno.: 986 81 02 32; Correo electrónico: ofi.emprego@vigo.org
Tanto as bases reguladoras das axudas como os anexos que ten que presentar a persoa solicitante, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego e na súa páxina web: http://emprego.vigo.org