Escoitar

Espectáculos para público familiar no festival de jazz Imaxina Sons

Este sábado día 23 ás 18.00 horas terá lugar no Auditorio Municipal o espectáculo "De Salzburgo a Nueva Orleáns", a primeira das dúas citas familiares coas que o festival Imaxina Sons quere achegar o mundo do jazz aos máis cativos.

venres, 22 xuñ 2007
1182515019.1182428574imaxina.jpg
O carácter ameno e didáctico destes espectáculos os convirte en veladas moi recomendables para os nenos e tamén para o disfrute dos adultos.

O domingo 24, esta vez ás 12.00 horas, continuará a programación para público familiar co espectáculo "Basura qué Hermosura", tamén no Auditorio Municipal.

As entradas para ambos espectáculos custan 3 € para os adultos e 2 € para os nenos até 12 anos.
Descargar todas as imaxes