IntegrArte reunirá en Vigo música, danza, artesanía e gastronomía de 12 países
A estación marítima de Vigo acollerá do 30 de xuño ao 2 de xullo a primeira festa multicultural IntegrArte, un evento organizado pola Consellería de Cultura que reunirá música, danza, artesanía e gastronomía de 12 países.
A conselleira, Ánxela Bugallo, e o tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, deron a coñecer o programa do encontro este venres acompañados polo músico senegalés Samba Diagne e a presidenta da asociación `Uruguayos por el Mundo’ de Vigo, Jacqueline Collins.
Ánxela Bugallo subliñou durante a presentación que ante estes tempos "de integración das culturas que se encontran e se misturan", o seu departamento quere "responder a esta realidade, ás novas sociedades que xeran a inmigración e outros fenómenos sociais" celebrando esta festa de "tres días nos que a música e a danza fundamentalmente serán as protagonistas". A conselleira engadiu que grazas a este encontro os inmigrantes "enriquecerannos e farannos máis cultos, dándonos a coñecer a súa orixe cultural e as súas manifestacións artísticas".
Pola súa parte, Santiago Domínguez lembrou a importancia de Vigo como porta da emigración galega no pasado para afirmar ante os inmigrantes que asistiron á presentación de IntegrArte que "as persoas doutros países non sodes un sector diferente". Neste sentido, o tenente de alcalde díxolles que "tedes moitísimo que achegar a Vigo e a sociedade Viguesa ten tamén moito que achegarvos a vós".
A festa
IntegrArte xorde como unha nova iniciativa a favor da integración dos inmigrantes en Galicia e da diversidade cultural e en contra da discriminación. Unha festa coa que a Consellería de Cultura pretende achegar 12 culturas do mundo a través da súa música, danza, artesanía e gastronomía.
O encontro comezará o 30 de xuño pola tarde cun pasarrúas que dará paso ao `Dúo de Darbuka’ e ao grupo uruguaio de tambores e danza `Urumundo’, formado por membros da Asociación ‘Uruguaios por el Mundo' e que conta con 40 compoñentes. A continuación `Cuba-Son’ tocará para os espectadores un amplo repertorio de son, guarachá, cha cha chá, bolero, balada, conga... De seguido, a colombiana Martha Franco ofrecerá o seu espectáculo de danza árabe e xunto co seu grupo estable de música, `Gaira’, amosará a súa última montaxe, titulada `Silha’. Os ritmos africanos das caboverdianas `Batuko Tabanka’, chegadas de Burela, e o son folk de `Macfeck’, do Reino Unido, pecharán a primeira xornada desta festa multicultural.
Para o domingo, 1 de xullo, despois de bailar ao son do tango e da percusión africana está previsto que actúen os uruguaios `Son del Barrio’, os senegaleses `Thiossane’, a cantautora galego-arxentina Lorena Lores, que presentará o seu espectáculo `Galitango’, e o grupo rock `The Ellas’, liderado polo actor galego Luís Tosar.
O luns 2 de xullo pola mañá, a banda de percusión Trópico de Grelos, baseada en ritmos afrobrasileiros, abrirá a xornada cun espectáculo que mestura a batukada coa capoeira, e a continuación actuará o arxentino Diego Alcántara. Así mesmo, este grupo galego-brasileiro levará a cabo un pasarrúas pola tarde, ao que seguirán o grupo de murga `La Exiliada’, un dúo de violín e teclado que interpreta o folk dos Balcáns, os rusos e ucraínos `Nómada’ e a `Banda de Nash’, formada por uruguaios afincados en Compostela. E para pechar IntegrArte terá lugar unha festa final con `061 Música Urxente’, unha agrupación formada por músicos de Cuba e Galicia.
Ademais da música e da danza o encontro dará cabida ás 11 asociacións participantes, que contarán con cadansúa mesa, onde exporán os seus traballos para a integración dos seus compatriotas, así como unha mostra de artesanía, gastronomía e costumes dos seus países de orixe.
Tamén serán 11 os artesáns galegos e foráneos que amosarán as súas creacións nos campos do gravado, os mosaicos, o material de reciclaxe, a decoración sobre porcelana e pedras naturais, o traballo de metais, a artesanía africana, o coiro, os bonecos de trapo, o ferro e a técnica da Servilleta. Ademais dos postos de venda que estarán abertos durante os tres días, en IntegrArte desenvolveranse obradoiros que indagarán nas técnicas artesás.
Descargar todas as imaxes