Escoitar

Memoria de resultados do Plan Municipal de Emprego 2004-2007

Máis de 4.500 persoas participaron nalgún dos programas de emprego segundo recolle a Memoria de resultados do Plan municipal de emprego 2004-2007 e que ven de publicar a concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo, con datos actualizados ata o 31 de marzo de 2007.

xoves, 21 xuñ 2007
1182428963memoria.jpg
Esta memoria sinala que máis de 4.500 persoas participaron nalgún dos diferentes programas ou servizos que compoñen este Plan, diferenciados en dous apartados: Promoción do autoemprego e Promoción do emprego por conta allea.

Así, seguindo o obxectivo de favorecer a inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mundo laboral, a publicación resalta que, destes/as participantes, o 66,7% foron mulleres, o 20% menores de 25 anos, o 18,7% maiores de 45 anos, o 3,4% vítimas de violencia doméstica e o 3,3% persoas con diversidade funcional.

Unha das singularidades da publicación radica no enfoque personalizado dos seus contidos xa que, ademais de datos cuantitativos de resultados, a Memoria achéganos ao lado máis humano do Plan municipal de emprego 2004-2007, mediante diferentes entrevistas con persoas que contan a súa experiencia como participantes.
Descargar todas as imaxes