Comeza o festival Imaxina Sons coa actuación do saxofonista noruego Jan Garbarek
A actuación do saxofonista noruego Jan Garbarek inaugurará a terceira edición do festival Imaxina Sons este vindeiro xoves 21, a partir das 22.00 horas, no Centro Cultural Caixanova. O festival prolongarase ata o vindeiro domingo 1 de xullo, día na que a actuación da Imaxina Jazz Orquestra, dirixida por Nani García, clausurará esta edición.
Ao longo desos doce días, o festival celebrará numerosos concertos e actividades paralelas como exposicións, clases maxistrais, pasarrúas, mesas redondas e conferencias e os concertos que se desenvolverán en horario nocturno nos clubes, dentro do ciclo denominado "Jazz na Noite". Unha das novidades destacadas deste ano é a substitución do escenario da praza da Estrela pola praza do Rei. Os concertos que se celebren en dita praza terán lugar a continuación dos programados no Auditorio Municipal, facilitando así ao público a asistencia a ambos espectáculos pola proximidade dos dous escenarios.
Os concertos que poderá disfrutar o público vigués son moi variados e inclúen todos os formatos, dende os concertos de solistas (Antonello Salis, Chefa Alonso e Markus Breuss), dúos como o de Renaud García-Fons & Jean Louis Matinier, tríos como o de Carlos Bica, e un gran ábaco de formacións ata chegar ás "big bands" como a Orquestre Nacional de Jazz francesa, que fará unha particular revisión da música da banda británica de rock Led Zeppelín, ou a Imaxina Jazz Orquestra que, dirixida polo pianista e compositor Nani García, homenaxearán ao desaparecido saxofonista Antonio Cal. A Imaxina Jazz Orquestra é unha producción propia do festival e unha clara aposta por reafirmar o valor dos músicos galegos de jazz.
Páxina web do festival: www.imaxinasons.com
Descargar todas as imaxes