Grande éxito da exposición de Tamara de Lempicka na Casa das Artes
A primeira retrospectiva dedicada en España á artista Tamara de Lempicka, que permanecerá exposta na Casa das Artes ata o próximo 15 de xullo, continúa recibindo numerosas visitas dun público interesado en coñecer a obra dunha das creadoras máis influíntes do século XX.
A mostra, cunha montaxe que recrea o cosmopolitismo e a sofisticación do París de entreguerras, exhibe en total 43 óleos e 15 debuxos, 21 fotografías, un audiovisual biográfico e diversos obxectos persoais da artista, pezas reunidas grazas á colaboración de numerosos museos e coleccións, tanto públicas como privadas, principalmente de Europa e Norteamérica.
A vida de Tamara de Lempicka préstase á lenda. Dende Polonia, onde naceu en 1898, viaxou primeiro a San Petersburgo e logo a París, Nova York, Hollywood e, finalmente, a México, onde faleceu en 1980.
A artista participou plenamente na vida artística e social do seu tempo, facendo da súa vida "unha extraordinaria posta en escena", en palabras do comisario da mostra, Emmanuel Bréon.
Marcada polo postcubismo e o manierismo modernista, Tamara de Lempicka era esencialmente a retratista da alta sociedade nun momento crucial na historia moderna, pero as súas afeccións e afectos convertérona nunha icona do modernismo.
Os seus cadros, de cor e composición a miúdo agresivas e espectaculares, recorren a un sentido gráfico que se achega á publicidade e que a converteu nunha figura emblemática do período de art decó.
A exposición
A mostra da Fundación Caixa Galicia presenta ao mesmo tempo diferentes e coincidentes facetas de Tamara de Lempicka: a muller artista, grazas a varias das súas obras mestras; a muller "glamourosa", grazas a unha excepcional colección de fotografías orixinais e os seus accesorios de moda; a muller moderna que se rodeou dos mellores arquitectos e deseñadores; e, finalmente, a muller e o seu contorno, presentando algunhas das personalidades que frecuentou na súa vida (André Gide, Gabriel d'Annunzio, Romaine Brooks, Alexandre Iacovleff, Alexandre Zinoviev, Helena Rubinstein, Nana de Herrera, Natacha Carlu ou Paul Poiret, entre outros).
Todas as obras que se presentan na Casa das Artes de Vigo son significativas na traxectoria de Tamara de Lempicka, do seu estilo e da súa vida, sempre intimamente ligados. Todos os retratos mostran unha inquietude permanente pola estética. A beleza feminina obedece a criterios recorrentes: cabelos louros, boca carnosa, languidez da ollada…
Unha extraordinaria selección de fotografías de época (tamén moi raras, conservadas polo coleccionista Alain Blondel) permítenlle ao visitante revivir a "Tamara, a estrela" posando para os máis grandes fotógrafos e modistos franceses e italianos: Camuzzi, Jaulmes, Joffé, D'ora, Lorelle, Schiaparelli, Gravot, Bonney... Nesta parte da exposición móstranse numerosos efectos persoais da artista, como vestidos (o que levou na inauguración do paquebote France) e xoias, completados cunha colección de augadas orixinais ou patróns de pintar da época, obra dos mellores debuxantes do momento, moitos dos cales foron amigos seus: Henri Léal, Georges Lepape, Alexandre Zinoviev, André Marty, Paul Iribe, Paul Poiret.
En París, vivindo soa, e separada do seu marido, Tadeusz de Lempicki, Tamara quixo dar fe do seu compromiso coa modernidade e ser "unha muller do seu tempo". Pediulle a Rob Mallet-Stevens, presidente da Unión de Artistas Modernos (UAM), que lle instalase o seu estudo da rúa Méchain. Mallet-Stevens traballaría en colaboración con Adrienne Gorska (irmá de Tamara), que casara cun colaborador de Mallet-Stevens, Pierre de Montaut. O estudo foi amoblado por René Herbst (as cadeiras), Louis Sognot (butaca), Adrienne Gorska (bar americano, jette-habit, butacas, coxíns) e decorado con esculturas de Chana Orloff e Jan e Joël Martel.
Todos estes obxectos exhíbense na montaxe final da exposición, deseñada polo escenógrafo Enrique Bonet, nunha extraordinaria oportunidade para contemplar estes mobles por última vez, antes de ser levados, ao clausurarse esta exposición, a poxa. A reconstrución do seu estudio da rúa parisiense de Méchain realizouse a partir de diversas biografías e dunha película encontrada dos arquivos Pathé, que agora se amosa en Vigo.
A muller e o seu tempo
Tamara de Lempicka era unha muller do seu tempo, a pesar de non frecuentar os surrealistas e desmerecer á alta sociedade parisiense, "demasiado snobs para o seu gusto", segundo os comisarios da mostra.
Era unha muller da noite, que quixo recibir no seu estudo algunhas personalidades da súa época. Gustáballe que a visitasen os seus amigos do exilio, os rusos Alexandre Iacovleff, Alexandre Zinoviev, Chana Orloff, ou Natacha Carlu; a polaca Sarah Lipska, que retratou a Helena Rubinstein e Paul Poiret; a checa Sharko Joffé, pianista; a escritora lesbiana Romaine Brooks ou André Gide; tamén Lazare Volovick, os irmáns xémeos Jan e Joël Martel, escultores, ou Ossip Zadkine.
Frecuentou outros retratistas, como Jacques-Emile Blanche (exhíbese na mostra o seu retrato de Mallet-Stevens), Jean-Gabriel Domergue (autor do retrato á actriz Féval) ou Marcel Gimond (de quen se amosa o seu retrato de Foujita).
Visitas guiadas
O Servizo Educativo da Fundación Caixa Galicia ofrece un conxunto de visitas á exposición de Tamara de Lempicka na Casa das Artes, para público en xeral, colectivos de adultos e de escolares e grupos de campamentos de verán e de nenos de 5 a 12 anos.
As visitas comentadas para o público en xeral realizaranse nos seguintes horarios: de luns a xoves, ás 20.00 horas; os venres e sábados, ás 19.00 e ás 20.00 horas, e os domingos e festivos, ás 12.00 e ás 19.00 horas.
Para os colectivos de adultos haberá visitas comentadas de luns a venres polas mañás ou polas tardes, mentres que os grupos de escolares poderán participar en visitas-obradoiro tamén de luns a venres polas mañás ou polas tardes.
Por último, os grupos pertencentes a campamentos de verán e todos os rapaces de 5 a 12 anos poderán aprender e divertirse coa arte de Tamara de Lempicka nun obradoiro de verán. Os obradoiros para campamentos de verán desenvolveranse de luns a venres polas mañás ou polas tardes. Para os rapaces de 5 a 12 anos, os obradoiros serán os días 26 e 28 de xuño e 3, 5, 10 e 12 de xullo.
Os que queiran participar nas visitas e obradoiros terán que inscribirse chamando ao Servizo Educativo de Caixa Galicia, no 986 815 083. As actividades realizaranse ata o 15 de xullo, día en que finaliza a exposición. O número de prazas é limitado.
Descargar todas as imaxes