Á venda as entradas para o concerto de Arctic Monkeis
Un dos concertos máis destacados do programa das Festas do Cristo da Victoria de Vigo 2007 será o dos británicos Arctic Monkeys, o vindeiro 19 de xullo no Auditorio de Castrelos.As entradas puxéronse á venda anticipada na mañá do luns , 18 de xuño.
Poden mercarse na web de Caixanova, www.caixanova.es ou no despacho telefónico de entradas da caixa galega, nos teléfonos 986 11 05 00 e 902 504 500. O prezo das entradas é de 12 euros en venda anticipada e de 15 no despacho de entradas. Sairán á venda un total de 4.000.
ARCTIC MONKEYS
Arctic Monkeys son unha banda de indie rock procedente de High Green, un barrio de Sheffield (Inglaterra). Os seus dos primeiros sencillos, I bet you look good on the dancefloor e When the sun goes down, foron diretos ao número un da lista de singles do Reino Unido, e o seu album de debut, Wathever people say I am, that's what I'm not, ten o récord por ser o disco debut máis vendido nas súas primeiras semanas no Reino Unido. Superou incluso o Definitely maybe, o debut dos lexendarios Oasis. Arctic Monkeys acadou por ese disco o premio Best New Act nos Brit Awards do ano pasado, e fixeron historia ao convertirse na primeira banda en gañar o premio a Mellor Nova Banda e Mellor Banda Británica o menos ano nos NME 2006. O grupo chega a Vigo co seu segundo traballo, Favourite worst nightmare, ben fresquiño, xa que editouse o pasado 23 de abril. A banda está formada por Alex Turner (voz e guitarra); Jamie Cook (guitarra rítmica); Matt Helders (batería e coros) e Nick O'Malley (baixo). O' Malley é o sustituto de andy Nicholson, que abandoou o grupo en xuño de 2006.
Descargar todas as imaxes