Escoitar

Abel Caballero, novo alcalde de Vigo

O candidato socialista Abel Caballero é dende o 16 de xuño novo alcalde de Vigo, gracias ao apoio dos concelleiros e concelleiras do seu grupo e do nacionalista. O acto de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celebrouse ás doce do mediodía no auditorio do Concello, habilitado para a ocasión como sala de plenos.

sábado, 16 xuñ 2007
1181995747caballerobaston.jpg
Como sinala a lei, formouse en primeiro lugar a mesa de idade que dirixiu a sesión, integrada polos concelleiros electos de maior e menor idade, Abel Caballero Álvarez e Antonio Martiño Gómez, e asumiu a presidencia da mesa o membro de máis idade. A mesa comprobou as credenciais presentadas coa certificación remitida ao Concello pola Xunta Electoral de Zona.

A seguir, os concelleiros xuraron ou prometeron o seu cargo mediante a fórmula legalmente prevista de acatamento da Constitución. Quedou así constituída a Corporación, formada por 27 membros, 13 do PP, 9 do PsdG-PSOE e 5 do BNG e , e escolleuse o sistema ordinario (á man alzada) para elixir o alcalde. Logo dunha quenda de intervencións onde os voceiros dos grupos expuxeron as súas intencións, procedeuse á votación. Nela Corina Porro recibiu 13 votos e Abel Caballero os 14 do seu grupo e mais dos nacionalistas.

Desta forma, Antonio Martiño Gómez entregoulle a vara de mando a Abel Caballero. A seguir, o novo alcalde socialista xurou o seu cargo de alcalde sobre a Constitución. Logo o novo alcalde, Abel Caballero dirixius as persoas que asistiron ao pleno na súa primeira alocución no cargo.
Descargar todas as imaxes