Escoitar
Patrimonio Histórico

Cursos de cestería tradicional

venres, 15 xuñ 2007
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, desenvolverá nos meses de xullo e setembro as súas actividades estivais, con diferentes obradoiros que acheguen a toda a cidadanía técnicas, materiais e obxectos da cestería tradicional de Galicia.
A cestería tradicional leva unida á nosa cidade dende hai séculos co traballo de moitos artesáns que, xeración tras xeración, foron pasando o seu saber dunhas mans a outras, creando obxectos que formaron parte da nosa vida diaria ata os anos 60 do século pasado. Os obradoiros da rúa Cesteiros, no Casco Vello, son o mellor exemplo da relevancia que tivo este oficio en Vigo, que a converteron nun dos centros de produción máis activos de Galicia.

OBRADOIROS:

CESTERÍA DE XUNCOS: COROZAS / 35 h

COAS MANS NOS CESTOS. Obradoiro de cestería tradicional de Galicia / 40 h

MADEIRAS DE CESTEAR. Introdución aos materiais empregábeis en cestería / 20 h

IMOS FACER UN CESTO. Obradoiro de verán para neno/as /35 h

INFORMACIÓN

Todos os cursos impartiranse no CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO

Os interesados poderan apuntarse enviando o boletín de inscrición ao CAT Rúa Subida ao Castelo 10 36202 VIGO, por fax ao número 986 224 003 ou a través da WEB www.vigo.org/artesania.

O prazo de inscrición remata o día 27 de xuño de 2007. Os cursos son gratuítos polo que se establecerá unha rigorosa orde de entrada das solicitudes.

O listado de admitidos será exposta no CAT e na WEB www.vigo.org/artesania o día 28 de xuño de 2007.