Deportes financiará con 72.000 euros as probas deportivas organizadas polo Náutico
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, e o presidente do Náutico, Franco Cobas, asinaron este xoves un convenio polo que o Concello se compromete a financiar con 72.000 euros unha serie de actividades deportivas organizadas polo club durante 2007.
Estas actividades son o Circuíto Internacional Beneteau (que se desputará de xaneiro a novembro), a Travesía a Nado entre Moaña e Vigo (agosto), a Regata Internacional "Rías Baixas" de Cruceiros (do 11 ao 15 de agosto), a Regata de Traíñas "Bandeira Concello de Vigo" (agosto) e a Semana do Atlántico de Vela (do 10 de outubro ao 4 de novembro).
En relación a estes eventos, Lucía Molares afirmou que son unha proba da "política de potenciación do deporte náutico" realizada desde a súa Concellería, que ten feito de Vigo, segundo asegurou, "unha referencia" neste campo.
Pola súa parte, Franco Cobas dixo que as probas incluídas no convenio asinado este xoves son "moi importantes" e demostran que o Real Club Náutico está "directamente implicado coa cidade" e coa súa potenciación a nivel internacional no ámbito deportivo.
Descargar todas as imaxes