Vigozoo recibe o distintivo "Compromiso coa Calidade Turística"
Vigozoo recibiu o pasado 16 de maio o distintivo "Compromiso coa Calidade Turística", concedido no marco do SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino), xestionado na provincia de Pontevedra por Turismo Rías Baixas.
A Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias desenvolven o SICTED desde 2005 co obxectivo de fomentar a competitividade no ámbito dos principais destinos turísticos.
Segundo o presidente de Vigozoo, José Manuel Couto, para que o parque manteña a categoría acreditada por esta distinción "é imprescindible seguir unha disciplina e rutina diarias", utilizando para iso "as ferramentas de xestión precisas para cada momento e actividade".
Un compromiso que Vigozoo asume, de acordo con José Manuel Couto, "para seguir mantendo este distintivo que nos dá prestixio a todos, a Vigo como cidade, Vigozoo como entidade pública e sobre todo a todos aqueles que acoden a visitar as nosas instalacións" ao longo de todo o ano.
Descargar todas as imaxes