Xuventude destina outros 32.500 euros a programas de dinamización infantil e xuvenil
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión deste luns tres proxectos de convenio de colaboración con outras tantas entidades de Vigo para o desenvolvemento de programas de dinamización infantil e xuvenil. Son a Asociación "Hoy por Mañana", que recibirá 14.000 euros, a Asociación Xuvenil "Cancerbero" (8.000 euros) e o Plan Comunitario de Teis (10.500).
Os proxectos de convenios, relativos a actividades que se desenvolverán durante 2007, refírense, no caso da Asociación "Hoy por Mañana", a un programa de dinamización infantil e xuvenil concretado nunha ludoteca. Este programa levarase a cabo nas instalacións da sede da Asociación, na rúa Sagunto nº 86.
A ludoteca de "Hoy por Mañana" comezou a funcionar hai cinco anos, e desde entón forma parte da rede municipal da Concellería de Xuventude. A ludoteca ten entre os seus obxectivos ofrecer actividades e recursos para que os nenos e as nenas desenvolvan a súa personalidade a través do xogo, fomentando a cooperación e a comunicación entre eles e estimulando a súa creatividade.
Pola súa parte, o Plan Comunitario de Teis incluirá no seu programa de dinamización actividades de divertimento para 30 nenos e nenas de 3 a 6 anos, do 25 ao 29 de xuño, e un campamento urbano para 150 rapaces de 7 a 12 anos, en dúas quendas: do 25 ao 29 de xuño e do 2 ao 6 de xullo.
Por último, o Concello financiará o desenvolvemento do programa "Noites Vivas" por parte da Asociación Xuvenil "Cancerbero". Este programa, que incluirá obradoiros de xogos de rol, de cartas e de estratexia, levarase a cabo nas instalacións da Asociación, na rúa Heraclio Botana nº 6, baixo esquerda, durante 40 días do presente ano en horario de 22.00 a 01.00 horas.
Ademais das "Noites Vivas", a Asociación Xuvenil "Cancerbero" desenvolverá por indicación da Concellería de Xuventude unhas Xornadas de Xogos de Rol, Cartas e Estratexia baixo o título "As Portas do Hades", que terán lugar en xullo no Pavillón do Berbés.
Descargar todas as imaxes