Os campos de fútbol da Bouza, de Teis e do Meixoeiro contarán con herba artificial
Os campos de fútbol da Bouza, Teis e do Meixoeiro terán herba artificial antes de finalizar 2007, de acordo co convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación de Pontevedra asinado o 31 de maio e ratificado este luns pola Xunta de Goberno.
O importe da instalación da herba artificial en cada un destes campos é de 368.000 euros, polo que o investimento total ascende a algo máis de 1,1 millóns de euros. Esta cantidade será financiada nun 75% pola Deputación e no 25% restante polo Concello. Á súa vez, a contía correspondente ao Concello financiarase con cargo a un convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello que comprende a realización das obras nos tres campos cun orzamento total de 285.000 euros. Isto supón unha achega municipal de 90.000 euros para cada un dos campos incluídos no acordo.
Ademais da instalación da herba artificial, o convenio ratificado este luns pola Xunta de Goberno contempla o seguinte equipamento para os campos da Bouza, de Teis e do Meixoeiro: dúas porterías de fútbol 11, catro porterías de fútbol sete abatibles, catro banderíns de córner, un marcador e 200 asentos.
Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e o Real Club Náutico para a realización da Regata de Traíñas "Concello de Vigo" 2007, que contará cunha achega municipal de 18.000 euros. Entre as consideracións tidas en conta polo Goberno local para a concesión desta cantidade están a grande asistencia de público que rexistra este evento deportivo, así como o atractivo de ser unha proba retransmitida en directo pola Televisión de Galicia.
Descargar todas as imaxes