Inauguradas as Unidades Básicas de Acción Social de Teis e Travesía
As Unidades Básicas de Acción Social de Teis e Travesía, reunidas nun local sito na rúa Dr. Corbal, 21, foron inauguradas este venres pola concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias. O novo centro, que supuxo un investimento municipal de 190.000 euros, vénse sumar aos outros nove existentes no resto de Vigo.
As Unidades Básicas de Acción Social (UBAS) son centros de atención primaria e información xeral sobre recursos e prestacións sociais. Os traballadores sociais do Concello que desempeñan o seu labor neles son os que realizan o primeiro contacto con problemáticas como a social, a familiar, de infancia e de atención ás persoas maiores e ás persoas discapacitadas dentro de cada zona concreta. Así, os usuarios das UBAS poden ser derivados a outros servizos e programas especificamente destinados a cubrir as súas necesidades.
O local que acolle as UBAS de Teis e Travesía, un baixo situado na rúa Dr. Corbal, 21, foi inaugurado este venres despois das obras de acondicionamento que se realizaron nos meses de marzo, abril e maio. O baixo, que anteriormente non tiña ningún uso, foi cedido por Urbanismo e acondicionado mediante unha dotación orzamentaria de 190.000 euros.
O centro é unha continuación do que xa tiña Teis, e agora abranguerá tamén a área de Travesía. Xuntos, os dous barrios soman aproximadamente 46.000 habitantes. A nova UBAS contará con dous traballadores sociais, dous auxiliares e un conserxe.
En Vigo hai outras nove UBAS. Son as da zona Sur (Bembrive, Beade, Sárdoma, A Salgueira e Teixeiro), Castrelos, Litoral (zona de praias con Matamá), Coia, Casco Vello, Centro, O Castro, Rivera Atienza e Lavadores.