O Festival Aéreo de Vigo celebrarase o 22 de xullo
O ceo da praia de Samil será outra vez escenario de espectaculares acrobacias coa celebración do Festival Aéreo de Vigo 2007 o próximo 22 de xullo. Entre as presenzas destacadas, as da Patrulla Águila española, a do Eurofighter (caza de combate insignia da OTAN), e as visitas de patrullas de Portugal e Francia e do piloto acrobático turco Ali Ortzuk.
O evento foi presentado este xoves como un dos máis importantes de España na súa categoría polo comandante Pedro Solbes, nun acto ao que tamén asistiron o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves; o director do Festival, Pablo González, o presidente do Club Aéreo de Vigo, Leandro de Justo, e o director de Relacións de El Corte Inglés, Pati Blanco. Precisamente esta empresa é un dos patrocinadores do Festival, xunto co Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e Marina Davila Sport Vigo. O Concello achega 35.000 euros á organización do Festival Aéreo, 11.000 máis que na edición anterior, de acordo co convenio asinado por Ignacio López-Chaves e Pablo González.
O calendario do Festival iniciarase os días 20 e 21 de xullo cos adestramentos dos participantes. O mesmo sábado 21, El Corte Inglés ofrecerá unha gala na que se entregarán os premios "Aviador Piñeiro", á Patrulla Águila, por ser os mellores embaixadores aeoronáuticos de España no mundo; e "Joaquín Loriga", ao Museo Aeronáutico e Astronáutico Español, pola difusión e conservación da cultura aeronáutica española ao longo da súa historia.
O domingo 22 de xullo desenvolverase a exhibición aérea, en horario de 09:30 a 15:00 horas, coas seguinte relación de participantes:
Ultralixeiros
Paracaidistas vigueses
Piloto acrobático (á espera de confirmación)
Piloto acrobático: Juan Velarde
Harriers da Armada Española
F-16 da Forza Aérea Portuguesa
Piloto acrobático: Ali Ortzuk (Turquía)
Patrulla Milano 52 (España)
Patrulla Reva (Francia)
Patrulla Rotores de helicópteros (Portugal)
Patrulla Flying Bull (da marca colaboradora Red Bull)
Papea (paracaidistas campións do mundo)
Grupo Alas (récords mundiais)
Avións da USAF (por determinar)
Eurofighter, caza de combate do século XXI
Patrulla Águila
Como presenzas adicionais no Festival Aéreo de Vigo, estarán o autobús de relacións públicas da Armada; un helicóptero Super Puma do Exército do Aire, en estática; stands de venda de artigos relacionados coa aeronáutica, e os xefes de Estado Maior Portugués e Español, xunto con diversas autoridades civís.
Descargar todas as imaxes